As malas condicións climatolóxicas durante toda a xornada impediu ver boas marcas no Campionato de Galicia de lanzamentos longos celebrado en Cangas. Os vencedores en martelo foron o atleta da A.D. Maratón Isaac Vicente con 61.77 e Eva Doporto do ADAS con 43.73. Na xabalina, ante a ausencia dos grandes favoritos o novo campeón galego é Iago Pazos do C.A Narón con un mellor lanzamento de 47.95. Nas mulleres a millor foi a veterana Felicea Tilea con 45.15. Finalmente, clara victoria para os dous favoritos no disco Victor Gallego (SGP) con 48.89 e Belén Toimil (Playas de Cstellón) con 43.77.
MG