O Concello de Padrón aposta forte polo atletismo
nesta tempada 2011/2012. O novo Concelleiro de Deportes D. Andrés Sanmarco Santos non o dubidou un instante e asumeu deste xeito a celebración de 3 probas no calendario oficial de probas
da Federación Galega de Atletismo. A primeira delas terá lugar o sábado 3 de marzo na localidade de Padrón: un 10 km homologado pola RFEA onde todos os atletas galegos terán
a oportunidade de tentar mellorar a súa marca na distancia.
Despois e xa metidos na Semana Santa teremos a Carreira de Pascoa padronesa e tan popular e xa no mes de maio o broche de ouro coa celebración do Campionato Galego de Milla en
Ruta. Desde a Federación Galega de Atletismo felicitamos a este Concello por esta iniciativa que tanto contribúe a enriquecer este deporte.