Un ano máis, o técnico ruso Alexander Sinitsyn acudiu á súa cita co atletismo galego,
aceptando a invitación persoal de José Manuel Hermida, o adestrador vigués que acumula éxitos cos seus lanzadores. Sacha, como é coñecido, atópase concentrado en Albufeira (Portugal) cunha
selección de lanzadores do seu país, entre os que se atopa a jabalinista Maria Abakumova, a subcampeona olímpica da que é adestrador persoal. A atleta proclamouse campioa do mundo en Daegu en
setembro, cun lanzamento de 71.99m, récord dos campionatos. Durante uns días, os vigueses terán o privilexio de aprender dun gran profesional, que non escatima tempo nin atencións con todos
eles.
Grupo Hermida.
O técnico vigués conta cunha nutrida formación de atletas de todas as categorías, e veu cosechando triunfos ao longo dos últimos anos, converténdose nun
referente do atletismo vigués a nivel nacional. Só en medallas nacionais supera a centena. Os seus atletas están presentes en todo o atletismo galego, e condenados a enfrontarse, xa que militan en
equipos que se baterán nas distintas xornadas de Liga española, como o Real Club Celta, Ourense Academia Postal, At. Narón Afflelou, ou a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, aos que se suman Isaac
Vicente., vigente campión de España absoluto e Pablo Denís, subcampeón promesa, ambos no Marathon madrileño.
Foto e noticia: Flor Currás