RESULTADOS EN DIRECTO 

O atletismo galego sorrí

Unha medalla de bronce e un posto de finalista foi o balance do atletismo galego nos Campionatos do Mundo Indoor levados a cabo esta fin de semana na localidade chinesa de Nanjing.

Ata alí acudían parte dos nos nosos grandes referentes na actualidade, Ana Peleteiro e Adrián Ben.

Novamente a medallista olímpica, dando mostras da súa enorme calidade, volvía facer o que ela tan ben sabe, competir… e competir moi ben.

Ca terceira mellor marca das das participantes, tan só por detrás das saltadoras cubanas, presentábase no corredor de lonxitude da cidade china, disposta a por en valor o seu recente título de campioa de europa.

Xa na primeira rolda da final, as cubanas Leyanis Pérez con 14.93 m. e Liadagmis Povea con 14.57 m. amosaron as súas claras intencións de copar un podio ao que se agarraba a de Riveira nun concurso regular na que chegaba áos 14.29 por dúas ocasións (14.24/14.29/14.29/14.02/13.79/14.18) pero ante o que nada puido facer fronte as dúas caribeñas.

Novamente a atleta galega máis internacional, subía a todo un podio mundial sumando cinco metáis en campionatos do mundo que xunta aos seus oito metais en Campionatos de Europa, e unha medalla Olímpica desde o comezo da súa carreira deportiva.

No tocante a Adrián Ben, o biolímpico acudía ata Nanjing co obxectivo de lograr o díficil reto de acceder á unha final de moitísimo nivel.

O viveirense, corría moi ben as semifináis logrando o seu pase á gran final logo de lograr a súa mellor marca persoal de 3:36.95 (MMP). Xa na mesma é como era previsible, nova exhibición do noruegués Jacob Ingebrigtsen quen se convertía nun dos protagonistas do campionato ao lograr os títulos tanto nos 3.000 m. como nos 1.500 m. e nos que Adrian Ben, daba todo de si para rematar finalista na sexta posición con 3:36.96 que o converten, nun dos atletas máis fiables do medio fondo en grandes citas internacionais.

Con esta importante actuación galega, ponse punto e peche á tempada indoor dando comezo a de aire libre onde o campionato do Mundo de verán que terá lugar en Japón do 13 ao 21 de setembro, será o principal obxectivo para @s nos@s.

Compartir: