Fantástico fin de semana o vivido en Marín durante a disputa do Campionato de España de Marcha en ruta tanto a nivel organizativo como deportivo e da que os nosos atletas lograban un total de tres medallas na suma do individual e do colectivo.
Sen lugar a dúbidas, o mellor da actuación galega prodúxose durante a disputa da proba dos 35K na que os irmans Chamosa convertíronse nos grandes protagonistas do campionato.
Ambos, nun estado de forma excelente, actuaban de locais diante dunha afección que non parou de animar durante todo o percorrido, e que contribiu de maneira importante a este gran éxito. Logo da saída conxunta de ambas categorías ás 8:30 horas, era o marchador madrileño Miguel Angel López o primeiro en entrar na línea de meta na categoría masculina cun rexistro de 2h.27:55 entrando nun sensacional segundo posto o atleta internacional da Gimnástica de Pontevedra Daniel Chamosa a 1:22 do gañador, logrando o subcampionato de España e apuntando cousas moi importantes para este prometedor ano. Si esto acontecía nos homes, o mellor estaba por vir, xa que a marchadora olímpica Antía Chamosa lograba proclamarse campioa de España cun crono de 2h.44:50 baixo a mirada do seu irmán quen se afundía nunha emotiva aperta, pouco despóis de entrar na línea de meta, para dar ao atletismo galego estes dous importantisimos resultados.
No campionato de Seleccións, tamén foron bos os resultados que nos deixaba a categoría Sub16 na que o marchador galego Mateo Valcarce, proclamábase campión de España individual na proba dos 5K logo de invertir un crono de 22:36. Con esta actuación, contribuía de maneira importante ao subcampionato por Seleccións na que tamén sumaron Tomás Bautista, Antón Díaz, Pablo Pérez e Dario González.
Campionato de España Sub20 Indoor
Unha metal de bronce e doce postos de finalistas foi o balance da actuación galega nos campionatos de España Sub20 celebrados en Salamanca esta fin de semana
Foi no foso de triplo na que se colleitaba a única medalla galega da man de Gonzalo Cuns do At. Negreira quen cunha mellor marca persoal de 14.96 m. lograba un meritorio metal de bronce.
Foron tamen importantes os postos de finalistas logrados por Manuela Blanco e Alexandra Lence en pértega; Marina Artemia en pértega e triplo; Gema Dacosta en peso; Aroa Martínez, Pablo García e Martín Vázquez nos 60 v., Sandra González nos 1.500 m.; Mauro Vázquez nos 60 m.; Unai Loureiro en lonxitude e Diego Álvarez nos 800 m.,
Campionato de España de 10K en ruta
Tamén excelentes novas as que nos chegaban estafin de semana desde Vizcaya, onde se celebraron os Campionatos de España do 10K en ruta.
No apartado de medallas, Xosé Lois Otero Cepeda do At. Santiago colleitaba o subcampionato na proba dos 10K. M75 na que invertía un rexistro de 41:28. Por equipos, mesmo metal para as integrantes do Club Atletismo Sada na categoría F45, Natalia García, Ana Isabel Soutullo e Natalia Rivas.
Compre tamén poñer en valor a terceira posición lograda pola venezolana con ficha galega, Edymar Brea do Vicky Foods na categoría absoluta cun crono de 32:00
Por último salientamos a Jorge Crespo na M45 do At. Sar e Mari Carmen del Río do SD Compostela na F65, que lograban sendas cuartas posicións.