RESULTADOS EN DIRECTO 

Un título de coraxe

Pouco pódese falar de Ana Peleteiro a estas alturas da súa vida.

Novamente a atleta galega máis importante da historia e referente do noso deporte, sigue medrando a súa lenda e segue calando comentarios da única maneira que ela sabe: gañando

No día de hoxe, vimos a unha Ana Peleteiro na pista de Apeldoorn moi motivada e concentrada pero tamén unha muller madura e curtida que soubo xestionar e dosificar esforzos e mente, como tan só as grandes campioas saben facelo.

A importante aposta emprendida fai uns meses, na que daba por pechada unha fructífera  etapa da súa vida deportiva e personal para dar comezo outra na súa vila de orixe, serviu para poñer se cabe, máis en valor esta medalla que leva impreso o sabor inconfundible do mar riveirense pero sobre todo, de moito, moitísimo, esforzo, tesón e traballo.

O seu suma e segue e a súa fame de títulos, asemella non ter horizonte visible. Ca medalla de ouro de hoxe, engade unha incríble cifra total de oito metais en Campionatos de Europa, catro en Campionatos do Mundo e unha medalla Olímpica desde o comezo da súa carreira deportiva algo que está tan só ao alcance das elexidas.

Para gran lecer de todo o atletismo galego, español e mundial….temos Ana para moito tempo

Compartir: