RESULTADOS EN DIRECTO 

Xoel Franco destaca nun interesante Campionato Galego Sub16 indoor

Excelentes campionatos indoor Sub16 os disputados esta pasada fin de semana en Expourense que nos deixaban un récord galego, 124 mellores marcas personais e un total de 29 mínimas de participación para o Campionato de España que se levará a cabo precisamente nestas mesmas instacións os vindeios días 15 e 16 de marzo.

Hai canteira de futuro

Bo nivel na proba dos 60 m. na que Mateo Refojo do Rías Baixas lograba o título autónomico cun crono de 7.28 en homes polos 7.81 de Sofía Paz da Atlética Barbanza en mulleres. Xunto aos campións estiveron en zona de podio Laura Ríos con 7.90 e Alma Bello con 8:00 así como  Iván Ríos con 7.35 e de Lois Corral con 7.45.

Mauro Seguín do Marineda Atlético, destacaba na proba dos 300 m. na que se proclamaba campión atonómico cun rexistro de 37.55

Continuando cas distancias de fondo e de medio fondo, Hugo Zuloaga do Atletismo Sada lograba o triunfo na proba dos 600 m. cun crono de 1:24.52 por diante duns tamén destacados Alejandro Freire con 1:25.11 e Jun Sieira con 1:28.44. En mulleres cinco atletas por debaixo do 1:40 con triunfo final para a céltica Olivia Gutiérrez con 1:37.60

Unha das noticias do campionato foi o récord galego indoor realizado por Xoel Franco do C.S.C.R.Beade quen lograba na proba dos 1.000 m. un excelente rexistro de 2:33.02 o que representa un novo tope autonómico Sub16 que sitúa e este importante talento do medio fondo e fondo galego ademáis, ao fronte do ranking de España. Bos tamén foron os rexistros realizados por Ismael Rodríguez con 2:39.80 e por Adrián Paz con 2:43.08 todos eles con MMP. Na categoría feminina Sara Muñoz da Atlética Lucense, lograba o campionato nesta mesma distancia con 3:04.87 polos 9:07.56 que marcaba o tamén lucense, Enrique García sobre a distancia dos 3.000 m.

Bo nivel nos valos con dous atletas masculinos por debaixo dos nove segundos. Bruno Castro do Coruña Comarca lograba o campionato galego con 8.63 sendo a prata para Joel Santana con 8.78.

No apartado de concursos, Sara Faraldo do At. Sada vencía con autoridade sobre o listón de altura con 1.61 m. ao igual que Beltrán Rivas do Atletismo Deza con 1.87 m.

En triplo Alba Comesaña da Agrupación Viguesa con 11.09 m. quedaba a tan só un centímetro da mínina nacional á que si en cambio chegaba o campión galego Bruno Castro do Coruña Comarca con 13.04 m.

Por último, Sara Caamaño da Atlética Barbanza conseguía claramente o campionato no concurso de peso cun mellor lanzamento de 12.68 m. que a colocan ao fronte do ranking de España da súa categoría.

Compartir: