O Concello de Ames acollía o pasado sábado 22 de febreiro o Campionato Xunta de Galicia de TR na modalidade de Preclassic que se disputaba conxuntamente co VI Trail e Andaina Ribeiras do Tambre.
A proba que contou cunha alta participación que roldou os preto de 725 participantes, deixaba os triunfos na categoría Sub20 da mundialista internacional en campo a través Emma Méndez da Atlética Lucense correspondendo o campionato masculino para o independente Eloy Martínez na categoría masculina.
Na categoría Sub18 foi o tamén independente Alex Tajes quen se proclamaba campión autonómico xunto a Eva Formoso do Triki Team ao igual que sobre a categoría Sub16 lograban o campinato Lucía Taboada da S.D. Compostela e Pablo Barreiro do Pinarium.
Podios Sub20 Mulleres/Homes
- 1ª Emma Méndez (At. Lucense) 42:55/ Eloy Martínez (Indep.) 37:47
- 2ª Sanda González (At. Lucense) 43:37/ Numo Moure (AD Fogar) 40:13
- 3ª Julia Salvado (SD Compostela) 45:49/Adrin Sesar (CA Santiago) 40:19
Podios Sub18 Mulleres/Homes
- 1ª Eva Formoso (Trike Team) 52:36 / Alex Tajes (Indep.) 42:56
- 2ª Aiala García (At+9Moraña) 56:30/ Diego Ferreira (Indep.) 43:16
- 3ª Sabela Tuñas (C.A.Serres) 58:05 / Iago Costa (At. Lucense) 44:33
Podios Sub16 Mulleres/Homes
- 1ª Lucia Taboada (SD Compostela) 48:43 / Pablo Barreiro (Pinarium) 44:52
- 2ª Alma Pereira (Comesaña SC) 51:08 / Nicolás Lorenzo (At. Estrada) 46:38
- 3ª Helia García (Ría de Foz) 52:45 / Fabio de las Heras (At. Lucense) 46:53
De igual modo os gañadores absolutos da edición popular do Trail Ribeiras do Tambre na modalidade de Trail Longo foron Nerea Castro e Eloy Martínez e na edición curta Emma Méndez da At. Lucense e Jaime García do At. Narón