RESULTADOS EN DIRECTO 

O campionato galego de lanzamentos longos rinde homenaxe a Luis Nogueira

O Barco de Valdeorras daba acollida ao Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos absouto e sub23 este pasado sábado ao que acudiron preto de medio cento de lanzadores e lanzadoras.

O máis salientable do mesmo foi o acontecido no concurso de xavelina por parte da atleta  do Ourense Atletismo con ficha galega Yiset Jiménez quen lograba cun lanzamento de 55.08 m. a mellor marca do ano a nivel estatal. Sobre este mesmo concurso, Antía Otero do At. Lugones, lograba a segunda posición con 36.88 m. Na categoría masculina, Iago Pazos do At. Narón proclamábase campión galego absoluto con 55.50 m. e na Sub23 feminina foi  Dayanis Escorcia do Lucus Caixa Rural con 33.92 m. quen facía o propio.

No lanzamento de disco, a líder galega da especialidade Evelyn Fernández do At.Narón, cumplía os prognósticos facéndose co título galego grazas aos seus 37.57 m. Na categoría masculina, foi o campión galego en lanzamento de peso Miguel Angel Grando do Celta, quen mandaba o artefacto ata os 41.44 m.que lle servían para lograr un novo título.

No martelo, o atleta de Valdeorras Carlos Revuelta da Gimnástica, lograba a súa MMT con 60.73 m. por diante do Sub23 Eric Méndez do At. Portugalete quen pola súa banda, e cun mellor lanzamento de 48.29 m., lograba situarse nos postos importantes do ranking de España da súa categoría.

Xa por último, a Sub23 Victoria Eiríz do At. San Sebastian, lograba unha MMT en martelo con 48.29 m. repetindo participación e posto en disco Sub23 con 34.19 m.

Homenaxe a Luis Nogueira

O campionato foi aproveitado para tributar un emotivo homenaxe a figura de quen fora gran atleta e referente no Barco de Valdeorras Luis Nogueira. Na tarde, descubríase unha placa na súa memoria con presenza de Iván Sanmartín acompañado de familiares, amigos e membros do Concello, que dará nome as pistas de atletismo de Calabagueiros e que pasarán a ser chamadas pista de atletismo Luis Nogueira.

Compartir: