Saltar ao contido
Campionato de España

Presentouse o Campionato de España FEDDI

No día de hoxe tivo lugar en Expourense a presentación do Campionato de España Indoor organizado pola Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual FEDDI e pola Federación Galega Deporte Adaptado (FGDA) baixo a colaboración de varias institucións entre as cales se atopa a Federación Galega de Atletismo, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense entre outros.

O campionato que se desenvolverá entre os días 8 e 9 de febreiro, xuntará a un importante colectivo de atletas  procedentes de todos os puntos do Estado quenes esterán competindo ao longo de toda a fin de semanan nas súas distintas categorías.

A competición rexirase pola normativa de competición da RFEA logo das súas adaptacións contempladas no regulamento da competición e normativa técnica do FEDDI.

A competición desenvolverase na categoría masulina e feminina podendose competir de maneira mixta nas clases T22, T23 e Sub14 cando as inscricións non permitan as probas con distintos sexos.

Tipos de categorías

Carreiras e saltos

  • Clase T20 e Clase T21 (Síndrome de Down)
  • Clase T22 na categoría de Adaptada
  • Clase T23 na categoría de Habilidades Deportivas

Lanzamentos

  • Clase F20 e Clase F21 (Síndrome de Down)
  • Clase F22 na categoría de Adaptada
  • Clase F23 na categoría de Habilidades Deportivas

 

Compartir