RESULTADOS EN DIRECTO 

Os lanzamentos longos pasan por Ordes e O Barco esta fin de semana

Esta fin de semana os concellos de O Barco de Valdeorras e Ordes darán acollida ós Campionatos Xunta de Galicia de lanzamentos longos Sub16, Sub18 e Sub20 onde tomarán parte un cento de lanzadores.

Ante a ausencia de Mar Simón e Aitana Capeáns, será Hugo Casañas un dos que acapare toda a atención. O lanzador pontevedrés que este ano fichaba polo Ourense Atletismo, lograba a finais do ano pasado un novo récord de España en disco Sub16 con 70.17 m. polo que haberá que estar moi pendente das súas evolucións. Xunto a Casañas tamén estará competindo sobre disco Miguel Ángel López da Gimnástica quen este ano chegaba ata os 39.83 m.

Sen abandoar a modalidade será o tamén gimnástico Eloy Acuña o que asuma a condición de favorito na categoría Sub20 grazas aos seus 41.00 m. Angela Lendoiro do Atletismo Narón, pola súa banda, será na categoría Sub 16 a rival a bater con eses 32.21 logrados en Lugo o pasado 25 de xaneiro

A vixente campioa de España Aixa Corbacho do Valencia na categoría Sub20 e o medallista de bronce nos Campionatos CESA do pasado outubro Javier Cid do Ourense Atletismo na Sub18, serán xunto a segunda clasificada actual do ranking de España Lydia Valdes do At. Sada, quenes encabecen a relación de lanzadores de martelo que tomarán parte nestes campionatos. Xunto eles estarán tamén lanzadores e lanzadoras destacadas entre os cales se atopan Uxía Nogueira e Mario Casal do Ourense Atletismo na categoría Sub16 así como Anxo Filgueira do At. Rías Baixas na Sub18.

Sobre o corredor de xavelina teremos a oportunidade de seguir as evolucións da campioa de España e atleta internacional Lara Iglesias do At. Barbanza que estará lanzando xunto á finalista do campionato de España Sub18 do ano pasado Antía Otero. Xunto elas e como atletas destacadas, estarán Gabriela Bouzada do Celta Atletismo na Sub16, Alex César do A.A.Mazí na Sub18 e María Villaverde do Ames Atletismo e Alejandro Rey do At. Santiago na categoría Sub20.

Compartir: