Como cada ano son moitas as distintas carreiras de ruta que programan as súas actividades facendoas coincidir practicamente cos últimos días do mes de decembro.
O que ata fai apenas uns lustros era unha excepción, estase convertendo en todo un acontecemento inexcusable para todos os amantes desta modalidade que buscan unha maneira divertida e deportiva de despedir o ano.
Unha tendecia ao alza
O que comezou sendo nas súas orixes unha carreira orixinaria de Sao Paulo no ano 1925, foise convertendo co paso dos anos, en todo un clásico destas datas cuxo máximo referente en España é a San Silvestre Vallecana que botada a andar o 31 de decembro de 1964.
Orixinariamente a denominación San Silvestre, débese á coincidencia onomástica do santoral cristián do día 31 en hora a San Silvestre, papa finado nese día do ano 335 dC.
Variada oferta Galicia
A nosa comunidade tamén vense sumando a estas calebracións, acollendo numerosas probas para este fin de ano. En concreto hai programadas un total de sete San Silvestres oficiais, que si se comparan cas tres organizadas fai dez anos, falan da progresiva implantación que está tendo este acontecemento. A maiores, sumánse as organizadas nos días previos do 28 e 29 que si ven tecnicamente non se lles pode considerar San Silvestres, si conservan todas as súas características distintivas.
Así pois para quenes gusten despedir este ano da mellor maneira posible, terán nos Concellos de Fene, Teo, O Pino, Mugardos, A Rúa, Neda, Narón, Castrelo de Miño, Ordes, Santiago, Ourense e Vigo unha excusa perfecta para facelo.
Foto Concello de Fene