No día de hoxe tivo lugar no recinto feiral Expourense a presentación dos Campionatos Xunta de Galicia de Pista curta que durante este 2023 e 2024 terán por esciario precisamente estas mesmas instalacións.
A presentación levouse a cabo coincidindo ca inauguración do VII Salón do deporte e Turismo que Sportur Galicia está desenvolvendo durante estes días e que convertirá a capital de As Burgas no principal referente estatal das empresas do sector turístico e deportivo.
Presentación do calendario de probas en pista curta
No tocante aos actos programados, a Federación Galega de Atletismo que conta cun stand na feria, deu coñecer a súa ampla oferta de campionatos para este 2024. Entre os mesmos destacan o I Meeting Internacional de Ourense o 18 de xaneiro, así como a celebración dun novo Campionato de España, neste caso para as categorías Sub16 os días 15 e 16 de marzo. De igual modo a totalidade dos campionatos Xunta de Galicia de pista curta así como algunhas das distintas xornadas de control, terán por sede Expourense, destacando entre todos eles o campionato galego absoluto que xuntará aos principais referentes galego da actualidade, entre as cales podería estar a medallista olímpica Ana Peleteiro asentada definitivamente en Riveira desde fai uns meses.
Ao acto de presentación acudiu o Secreteraio Xeral para o Deporte Jose Ramón Lete quen estivo acompañado por Mario González Director Deportivo de Expourense. Eladio Gómez, en calidade de Vicepresidente da FGA, foi o encargado de recibilos.