O vindeiro día 12 e 13 de decembro arrincará en Expourense baixo unha importante programación, o VII Salón do Deporte e Turismo Activo cuxos obxectivos, segundo a organización son ” Organizar un evento destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficioados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar donde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas”
Sportur Galicia está dirixido tanto a deportistas e empresas de turismo, como a xente activa que busque coñecer experiencias novas na contorna natural e de mobilidade sostible. De igual modo as mesmas datas servirán para que se leve a cabo a quinta edición do Congreso Internacional de Turismo e Deporte que contará con importantes ponentes.
Nesta edidión, os visitantes poderán coñecer lugares e asociacións para a práctica de distintas actividades deportivas e físicas en contacto coa natureza. Os expositores poderán promocionar os seus recursos vinculados ao turismo activo e deportivo, atopando unha ocasión inmellorable para dar a coñecer e compartir os seus distintos proxectos e propostas.
O certame estará aberto de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 os días 12 e 13 de decembro.
A FGA contará cun stand
Como en anos anteriores, a Federación Galega de Atletismo estará presente de maneira activa neste salón a través dun stand onde todos aqueles que se acheguen podéran recabar información, tanto sobre as distintas modalidades do noso deporte, programa de competicións, actividades formativas ou das ventaxas que entraña a opción de contar cunha licenza federada, entre outos aspectos.
Presentación do calendario de oficial de probas de pista curta
Precisamente aproveitando a presenza da FGA en Sportut, na mañán do día 12, darase a coñecer a o amplo calendario de probas oficiais que para este 2025 acollerá a pista cuberta ourensá e entre as cales destacan o I Meeting Internacional de Ourense o 18 de xaneiro, o Campionato de España Sub16 o 15 e 16 de marzo así como o desenvolvemento dos distintos Campionatos Xunta de Galicia e distintas probas de control que tamén se levarán a cabo no recinto cuberto.