Logo da celebración autonómica de marcha en pista do pasado 16 de novembro en Pontevedra, novamente un total de once atletas galegos e galegas estarán tomando parte esta fin de semana no Campionato de España de marcha en ruta de inverno para as categorías Sub16, Sub18 Sub20 e máster.
Ata a cidade cántabra acudirán algúns dos nosos e nosas máis importantes marchadoras da actualidade entre as que destaca a presenza da subcampioa mundial Sub20 do pasado mundial de Turquía Aldara Meilán da Atlética Lucense, quen reaparace esta tempada ca mente posta nas importantes citas internacionais do 2025. A lucense tomará parte na proba dos 5 Km xunto a Natalia Rivas do Ría Ferrol.
Na categoría máster, presenza de igual modo do múltiple campión mundial e europeo Juan Manuel Morales do Marineda Atlético quen parte como claro favorito na categoría M40.
A maiores, os actuais campións galegos Sub16 Alba Morales do Marineda Atlético e Mateo Valcarcel do ADAS CUPA así como os tamén campións autonómicos Sub18 Icia Ares do Ourense Atletismo e Nicolás Collazo do Ames Atletismo Savante, completan a relación máis destacada.