Conta atrás para a San Martiño

O pasado venres tiña lugar no Concello de Ourense baixo a presenza do seu alcalde, a  presentación da Popular San Martiño que botará a andar o vindeiro 10 de novembro no que será a súa catroxésimo sete edición polas principais rúas do Concello.

Proba referente

A San Martiño é a proba máis importente do calendario autonómico de probas en ruta do atletismo galego, tanto polo número de edicións disputadas- 47 edicións- como sobre todo pola gran participación de atletas de toda índole, condicións e categorías que o ano pasado deixaba a cifra de 5.703 participantes, dobrando practicamente a segunda proba por número do calendario autonómico.

Falar da proba da San Martiño, e falar de moito máis que de un acto deportivo puntual. A San Martiño representa no día de hoxe un elemento referencial e vertebrador dunha cidade que mima e cuida a súa carreira como moi poucas. As actividades paralelas que se desenvolven antes e durante a carreira, poñen en valor a importancia con que se tratan todos os aspectos da mesma e que se caracterizan ademáis, por una perfecta combinación entre deporte-rendemento, deporte-lecer e deporte-espectáculo que tanto enganchan a aos milleiros de participantes ano tras ano.

Por si todo ela fora pouco, a importante  oferta gastronómica, cultural e paisaxística engade un valor se cabe ainda máis alto,  a esta proba que para esta edición contará cunhas lixeiras variacións do seu percorrido.

Continúan abertas as inscricións

A falta de pouco menos dun mes para a proba, as participacións marchan a bo ritmo acadando xa o milleiro de anotadas e anotados.

Lembramos que continúan abertas as inscricións no seu primeiro treito (5€) ata o día 23 de outubro. A maiores haberá unha inscrición extraordinaria desde o día 24 de outubro ata o 3 de novembro cun custo de 7€.

 

Compartir: