Dun modo espectacular e como non podía ser de outra maneira, o cidade de París puxo o punto e peche a uns Xogos olímpicos que marcaron dunha maneira moi significativa a axenda deportiva e social durante este último mes.
Durante todo este periodo o punto de atención para os amantes do atletismo estivo posto no Estadio olimpico de París e as súas contornas, onde se desenvolveron unhas emocionantes probas que contaron ca presenza dun total de sete galegos e galegas, cifra esta que iguala ca edición de Barcelona-92, o seu maior número de atletas galegos participantes.
Independemente dos resultados e espectativas deportivas, desde a Federación Galega de Atletismo quérese expresar o tremendo orgullo que representa para o atetismo autonómico a actuación de todos e cada un dos galegos e galegas que estiveron tomando parte activa nestes Xogos.
A actución d@s nos@s
Ana Peleteiro, foi sen lugar a dúbidas a atleta que despertou a maior atención mediática, xa que a priori era unha das atletas a estar na loita directa polos metais. A de Ribeira, clasificada para a final dunha maneira moi solvente, non puido repetir o podio logrado fai catro anos en Tokio, mais non por elo debe resultar nin moito menos menor o diploma olímpico logrado logo e rematar a súa actuación na sexta posición.
Mesma posición foi a que tivo Yulenmis Aguilar no concurso de xavelina. A coruñesa que apenas uns meses antes eran seria dúbida para participar por mor dunha lesión, foi quen de acelerar a súa recuperación para chegar a París, si non na mellor maneira posible, si a un excelente nivel competitivo. Yulenmeis que xa se clasificaba para a final cun lanzamento de 61.95 m., era quen de mandar a xavelina uns días despóis no seu primeiro lanzamento, ata uns excelentes 62.78 m. que a facían rematar nunha fabulosa sexta posición converténdose na mellor actución española desta modalidade nunha edición olímpica e dando sensacións de poder estar loitando polas medallas.
Ninguén como Belén Toimil para expresar o enorme sentir que se experimenta cando se che escapa a posibilidade de estar canto menos, nunha final olímpica sendo sabedor ademáis, das túas opcións reais. A súa gran regularidade e sobre todo o “barato” que resultou estar na final fixo si cabe máis doloroso o seu concurso na clasificatoria que lle pechaba as portas á final con dous nulos e un mellor lanzamento de 16.83 m. En calquer caso, suma e sigue para a nosa máis importante e carismática lanzadora de peso de todos os tempos.
Adrian Ben tamén tivo o sabor agridoce de non poder acceder as semifinais dunhas carísimas probas dos 800 m. Nas eliminatorias non lograba a clasificación por postos que tivo que disputar nunhas enrebesadas repescas malia ter logrado a 5º mellor marca dos 52 participantes. Nas mesmas volvía depender dos tempos para a súa clasificación, posibilidade esta, que na última e rapidísima serie de repesca, desaparecía e deixaba ao de Viveiro sen posibilidade de seguir avanzando. En calquer caso enorme Adrian quen correría moi ben as súas probas que desta vez, contaron cun altísimo nivel.
Na proba de maratón, o noso atletismo estivo representado en ambas categorías xa que tanto Ester Navarrete como Tariku Novales tomaban parte nesta mítica proba. O campión e plusmarquista de España sufriu de maneira indecible para rematar unha proba que estivo marcada polos problemas físicos o que lle impediron rendir e rematar con boas sensacións. Algo parecido sucedeu con Ester Navarrete que tamén se vería afectada por problemas físicos ainda que no seu caso, foi capaz de repoñerse na segunda parte da proba e rematar con boas sensacións. Sexa como sexa, non pode esta actuación nin moito menos empañar o excelente ano levado a cabo por ambos que teñen en mente xa novos retos e obxectivos deportivos.
Antía Chamosa foi outra das nosas atletas que viaxaba ata os Xogos como unha das posibles candidatas a tomar parte na proba de marcha de remudas, malia que finalmente a RFEA decidía que foran Cristina Montesinos e Miguel Angel López quenes acompañaran aos medallistas olímpicos María Pérez e Alvaro Martín nesta edición parisina que coloca no punto de partida a Antía para os xogos de Los Angeles 2028.
Alice Finot e Joselyn Brea
Non queremos deixar pasar por alto o tamén excelente comportamento das nosas “galegas de corazón” Joselyn Brea e Alcie Finot.
A venezolana lograba un excelenta actuación nos 5.000 m. logrando pasar á final onde remataba décimo quinta cun crono de dos 15:07.04. Pola súa banda a francesa Alice Finot rozou as medallas na proba dos 3.000 m. onde lograba a cuarta posición cun fantástico rexistro de 8:58.67 que representan nada menos que un novo récord de Europa.
Dolores Rojas e Loreto Pérez
Tampouco queremos pasar por alto a actuación das xuízas galegas Dolores Rojas, sumando os seus cuartos Xogos Olímpicos e a debutante Loreto Pérez, quenes tamén estiveron tomando parte activa e destacada na celabración destes xogos
Foto RFEA