Os podios do campionato galego absoluto e Sub23 decidíronse en Vigo

Excelente campionato galego absoluto e Sub23 o presenciado esta fin de semana nas pistas de Balaídos que contaron cunha numerosa presenza de público nas bancadas seguindo moi de preto o desenvolvemento do mesmo entre eles, a do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.

Baixo a destacada colaboración do Concello de Vigo, fóronse desenvolvendo as distintas probas que estiveron marcadas pola igualdade existente entre os principais favoritos e polo vento, excesivamente favorable, que estragou boa parte dos rexistros.

Dando comezo pola velocidade masculina, un Mauro Triana que está novamente voltando ao seu nivel, recuperaba tres anos despois o máis alto do podio nos 100 m. cun crono de 10.53, malia que con excesivo vento favorable. Na categoría feminina foi a photo finish quen tivo que decidir entre Ainhoa Repáraz, quen reaparecía logo da súa lesión,  e unha Cristina Garriado da Gimnástica quen finalmente lograba o título con 11.97 por tan só una centésima. A mesma photo finish e ca mesma diferencia, dáballe o campionato galego a Andrea Pais sobre Adi Iglesias  nunha final dos 200 m. no que ambas remataban en 25.07 e 25.08 respectivamente.

Jorge Román Leiros foi unha das “sorpresas” do campionato ao lograr os títulos galegos tanto nos 200 con 21.50 como nuns formidables 400 m. na que houbo tres galegos correndo por debaixo dos 48″, Leiros con 47.09, Soler con 48.11 e Miguens con 47.93.

A internacional Alicia Barreiro do Ría Ferrol, domiñaba os 400 m. femininos con 56.10 sendo a pelexa pola prata e bronce encarnizada entre Ines Oitavén segunda con 56.51 e Lia Caride, terceira con 56.52.

Emoción e moita disputa nas distancias de medio fondo na que resultaron gañadores galegos Hassan Izzeddine da Gimnástica con 1:51.03 en homes e a vilagarciá Celia Castro con 2:11.98. Un expléndido Iker Fernández de A Gándara estreaba título absoluto na proba dos 1.500 m. que domiñaba con 3:51.78 sendo a campioa galega de milla en ruta Eva Piñel do Celta, quen pola súa contra, facía o propio con 4:31.12

Formidable Carlos Porto, lograndoba o título galego nos 5.000 m. con 14:41.72. Con este triunfo, o gimnástico consigue o trio de ases: campión dos 800 no ano 2014 e dos 1500 no ano 2014. En mulleres duelo de internacionais o protagonizado por Antía Castro e Inés Docampo con triunfo para a primeira con 17:10.74 polos 17:32.45 da atleta do ADAS CUPA

Os valos foron os protagonistas do campionato

A gran noticia da xornada foi sen lugar a dúbidas o formidable récord galego absoluto e Sub23 logrado por Hugo Vázquez nos 110 valos. O internacional do Marineda era capaz de correr a final nun tempo de 14.08 que xubila por una centésima o anterior réxistro en posesión de David Gómez. O Deus Eolo,  non quixo estar do lado de Uxía Pereira ao lograr a primera posición nos 100 valos cunha marca de 13.70 que de non resultar polo vento, estarían na táboa de récords absolutos. Malia elo, a lucense ainda tivo tempo de tomar parte na final dos 400 valos e impoñerse, nun rifado man a man con Lucía Ribaduvia, rematando en 12:02.91. En homes o favorito Xabier Lires facía bos os prognósticos e lograba o campionato con 52.90 moi preto da súa MMT

En obstáculos a lucense Sara Guedes estreaba título absoluto e facíao por diante da internacional da Gimnástica Isabel Caeiro con 11:13.52. Na categoría masculina era un activo Hugo García quen ravalidaba o seu título galego con 9:32.46.

No apartado de concursos, os domiñadores da proba de altura foron tanto Iria Solera de la Purísima como Adolfo Saínz-Maza ao sobrepasar o listón a 1.68 e 1.89 m. respectivamente.

Bea Viteri do Samertolameu, celebraba o seu décimo campionato absoluto retendo o ouro do ano pasado con 3.60 m. Pola súa contra duelo entre combineros na categoría masculina que daban o primeiro título da modalidade a Aitor Fernández con 4.40 m., dez centímetros máis que Adolfo Sainz-Maza segundo clasificado.

No foso de lonxitude e sempre moi de agradecer e celebra a presenza a noso olimpico e plusmarquista galego Jean Marie Okuto quen apartado da alta competición, disfruta do que tan ben sabe facer. Malia elo saltaba 6.90 m. nun concurso gañado polo principal favorito Sergio Coello da Gimnástica con 7.73 m. quen revalidaba o título do ano pasado. Olaia Guisela Becerril facía o propio no mesmo foso con 5.81 m.  logrado no seu primeiro salto.

Outra das atletas que reaparecían despóis da súa estancia nos EEUU era Alba Cuns a cal chegaba ata os 12.17 m. no corredor de triplo. Pola súa banda o sadense Diego Míguez, que xa sabe o que é pasar dos 15 m. este ano, sumaba o seu segundo absoluto de aire libre logo do acadado no 2022 chegando nesta oacasión ata os 14.89 m.

Nos lanzamentos producíronse rexistros e actuacións moi salientables como os que se viviron no concurso de peso entre o vixente campión Miguel Granado e o Sub20 Fernando Vallines quen finalmente lograba a medalla de ouro no cuarto lanzamento con 15.94 m. polos 15.73 do atleta do Celta. No mesmo concurso a internacional ceense do Ría Ferrol Xiana Lago estreaba título absoluto na modalidade ao mandar a bola na pruimeira rolda ata os 13.09 m.

Suma e segue da gimnástica María Ezquerro quen engade o terceiro título consecutivo en disco ao seu palmarés nunha importante progesión que a levaron a lanzar cinco metros por enriba dos seus anteriores campionatos. En homes foi o céltico Marcos Bouza o que lograba con 47.14 m. o título galego por diante de Jaime Arias e de Victor Gallego quen saía destes campionatos cos bronces de peso e disco que sumar ao seu impresionante palmarés de 22 títulos só en absolutos de aire libre.

Excelentes rexistros en martelo tanto da internacional ourensá Sub20 Blanca Pereira lanzando ata os 54.21 (MMT) como de o Sub23 Eric Méndez quen no seu cuarto intento, sobrepasaba a barreira dos 60 metros con 61.77 m.

Na xavelina Jonathan Correa recuperaba o título galego con 62.28 m. catro anos despois do seu último ouro nun concurso no que poidemos ver a Paula Piñón tirando ata os 39.33 m.

Na marcha, os principais favoritos  e favoritas da proba cumplían co seu guión ao lograr tanto Juan Manuel Morales do Marineda con 21:13.01 como Aldara Meilán da At. Lucense con 24:00.85 (MMT) sendos campionatos.

Como colofón do campionato, interesantísimas as probas de remudas as cales tiveron na categoría masculina ao Marineda como protagonista logo de impoñerse nos 4×100 con 42.93 como no 4×400 con 3:23.45. En mulleres foi o A.F. Celta o domiñador do campionato na remuda curta con 49.67 e o Ría Ferrol na longa con 4:04.76.

Catro récords de Galicia

A maiores dos dous récords absoluto e Sub23 protagonizado por Hugo Vázquez nos 110 valos, tamén producíronse mellores marcas galegas nas probas de 5.000 m. M50 a cargo de Juan Gude do Ourense Atletismo con 15:35.77 e no listón de pértega con Bea Viteri do Sametolameu na categoría F35 con 3.60 m.

 

Compartir: