Galicia, garante e referente na organización de Campionatos de España.

Fai uns días anunciabamos a través da RRSS a designación para Galicia de dous importantes campionatos de España para o ano 2024. En concreto eran o absoluto de pista cuberta en Ourense para os días 16,17 e 18 de febreiro de 2024 e o de Federacións Autonómicas Sub18 para Pontevedra o día 22 de xuño.

Con esta nominación Ourense acolle o campionato número sete desde a súa inauguración a finais do ano 2017, o cal supón un promedio de máis dun evento destas características ao cabo do ano. Tal promedio sen lugar a dúbidas, representa todo un reto que pon de manifesto a enorme capacidade organizativa da Federeción así como a importante aposta e compromiso de Concello, Deputación e Xunta de Galicia pola celebración deste tipo de certames.

Pola súa banda, Pontevedra verá como prácticamente todas as comunidades e cidades autonónomas desfilarán polas pistas do CGTD para competir na celebración do Torneo de Federacións Sub18 que se disputará por vez primeira na nosa comunidade. Como antecedentes similares, Vigo acollía o mesmo torneo pero na categoría absoluta nos anos 1987 e 2010 e A Coruña facíao no ano 1996.

Galicia, sede de campionatos

Ca celebración para o 2024 destas dous importantes citas, Galicia sumará un total de setenta e catro campionatos desde o ano 1921 nas súas diversas modalidades.

Entre as mesmas destacan as trinta e catro edicións de aire libre nas cales o histórico Campo de Coya de Vigo, convertíase no ano 1921, na primeira sede galega en celebrar uns campionatos deste rango. Seguirían as cidades de A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Lugo, Pereiro de Aguiar e Ourense.

No apartado da pista cuberta e como xa dixemos, Ourense acumula un total de sete campionatos (dous absolutos, dous másters, un Sub16, Sub20 e un Campionato de España de clubs) e as pistas coruñesas de Riazor, con máis de medio seculo de vida últil, as edicións Sub20 dos anos 1972 e 1974.

Nunha das modalidades referentes por excelencia do noso atletismo, o campo a través, os campionatos de España pasaron por Vigo, Santiago, Fene, Baiona, Ourense, Culleredo, A Rúa, Ribadavia e A Coruña ata completar un total de dazaoito edicións. Entre as mesmas destacan as seis celebradas en Santiago, que recibían ós Universitarios e os absolutos Sub18 e Sub16 maiormente no Campo de O Gozo,  nos anos 1967, 2000, 2002, 2004, 2005 e 2012.

Xa nas modalidades de marcha e ruta foron os Concellos de Vigo, Ourense, A Coruña, Ribadavia, O Barco, Ponteveda, Padrón e Marín, quenes desde o ano 1994 ata o último celebrado no 2022 organizarían algunha proba de rango nacional.

   

 

Compartir: