Pouco a pouco comeza a tomar forma o novo organigrama que o Director Técnico da Federación Galega de Atletismo, David Ferrer, está deseñando para a súa área.
No día de onte, facíase oficial o nomeamento tando de Mayka Jueguen como de Frank Casañas como novos responsables de dous importantes e estratéxicos sectores do atletismo galego como son o da marcha e os lanzamentos.
A nova responsable de marcha leva no mundo do atletismo desde os anos 90. Na súa etapa atlética pasou polas disciplinas da Gimnástica e do antiguo CDU santiagués sempre na especialidade de marcha. Técnica e xuíz de atletismo, leva tomando parte activa nos últimos anos nas distintas concentracións e viaxes da Selección Galega.
De Frank Casañas ademáis do seu impresionante historial deportivo no que salientan as súas cinco participacións olímpicas (Sidney, Atenas, Pekín Londres e Río), subliñamos tamén a súa faceta de adestrador, entre outros, no CGTD de Pontevedra.
Desde a Federación, quérese facer una mención expresa de recoñecemento e gratitude ao excelente e extraordinario traballo levado a cabo tanto por Raimundo Fernández no sector de lanzamentos como por Carlos Morales no de marcha.
Continúa a Técnificación
Noutro orden de cousas, continúan desenvolvéndose as distinta xornadas de tecnificación e xornadas preparatorias para as competicións nas que tomará parte a Selección galega.
A última, que se desenvolveu fais unhas datas, prodúxose nas pistas da USC de Santiago de cara aos preparativos do estatal Sub18 de seleccions autonómicas.
Para o responsable do sector Carlos Tuñas, a implantación este ano dos relevos mixtos por parte da RFEA, engade un importante reto en canto a dificultade técnica que intenta abordar precisamente, con este tipo de concentracións e cuxo principal cometido é acoplar e coordinar aos distintos integrantes.
Máis que unha concentración
A maiores de todos os aspectos técnicos que se desenvolven nestas xornadas, adquire un valor moi importante a convivencia que se produce entre os convocados e convocadas, as que se suma a presenza de distintos convidados como xuices, fisios, nutricionistas ou mesmo atletas referentes, que contribúen a lograr unha formación moito máis ampla, integral e completa.
Obxectivos
Entre os obxectivos marcados polo responsable do sector, atópase a preparación dos campionatos aos que acudirá a Selección galega que serán o Sub18 o 24 de xuño en Logroño; o absoluto o 15 de xullo en Pamplona e o o Sub16 o 7 de outubro en Gijón.