Importante edición a que puidemos presenciar durante esta fin de semana correspondente ao Campionato Xunta de Galicia Absoluto e Sub23 que tivo por escenario a pista cuberta de Ourense e que novamente foi retransmitido en xornada de mañá e xornada de tarde través da canle de streaming da FGA
Bos rexistros e actuacións a nivel xeral
Bos rexistros a nivel xeral, nun campionato que contou con destacadas e emocionantes actuacións como a que protagonizou o atleta do Celta Javier García ao facerse cos títulos da velocidad curta galega e proclamarse campión autonómico tanto dos 60 m. con 6.85 como na dos 200 con 21.96.
O internacional de combinadas venezolano Gerson Vidal Izaguirre foi outro dos grandes destacados desta edición ao lograr os títulos nas probas dos 60 valos e da altura con 8.05 e 1.91 m. respectivamente así como o bronce sobre o foso de lonxitude.
A máxima figura do campionato, a bimedallista paralimpica Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural, conquistaba o título de campioa galega novamente como xa fixera no 2021 ante outra das grandes da nosa velocidade, Ainhoa Répaz do Val Miñor quen pola súa banda se proclamaba campioa galega na proba dos 200 con 25.02. A Sub23 María Fernández era quen de facerse cos ouros nas esixentes probas dos 400 m. e dos 800 m. con 56.26 e con 2.13.83 confirmando a súa gran capacidade para dobrar estas distancias. Nos homes foron Jacobo Soler cuns bos 48.30 seguido do internacional Mauro Triana na proba dos 400 m. e Pedro Osorio do Atletismo Santiago con 1:51.40 nos 800 m. quenes lograban estar no máis alto do podio.
O medio fondo deixabanos o triunfo do gimnástico Pablo Bocelo cun crono de 3:47.35 sobre os 1.500 m. nunha carreira na que mantivo un interesante man a man con Elian Numa do Playas de Castellón entrando a escasas céntesimas do gañador. Máis cómodo resultou o triunfo das atletas do ADAS CUPA María Cedrón con 4:26.53 quen xunto a Sara López daban un novo dobrete ao equipo barquense sobre esta distancia.
As probas de fondo resultaron moi interesantes ao contar ca presenza dun bo elenco de participantes internacionais como no caso nos 3.000 m. femininos no que o trinfo foi para Joselym Brea con 9:07.43. Xunto a hispano-venezolana, no podio estiveron as tamén internacionais Esther Navarrete e Xela Martínez. Na categoría masculina claro triunfo de Carlos Porto da Gimnastica con 8:05.96 ocupando a segunda posición o campión galego de campo a través Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural.
Sobre o círculo de peso novamente o plusmarquista absoluto Victor Gallego da Gimnástica, facía medrar a súa conta de títulos autonómicos ao conquistar o ouro trixésimo cuarto da súa carreira deportiva o que o converten nun dos grandes referentes en activo do noso atletismo. Sobre o mesmo círculo femenino, Xiana Lago do Ría Ferrol cumpría os prognósticos impoñéndose comodamente con 13.42 m.
Nos valos importante reaparición de Claudia Rojo que acadaba un cómodo triunfo sobre os valos con 8.67, pechando a súa participación co metal de prata na proba dos 400 m.
Manuela Blanco do Ourense Atletismo estreaba título absoluto no salto con pértega con 3.50 m. ao contrario que o sadense Sub23 Tomás López quen retiña un ano máis, o título logrado o ano pasado desta vez con 4.61 m. Sen sorpresas nin no concurso de triplo, con triunfos da internacional do Ría Ferrol Diaou Diallo con 12.03 m. e de Anxo Blanco da Gimnástica con 14.78 m., nin no de altura con Enma Sihuang saltando sobre os 1.72 na colchoneta de altura
Andrea Villaverde da Gimnástica, colgábase o ouro absoluto no concurso de lonxitude domiñando ademáis as probas Sub23 tanto de valos como de altura. Precisamente sobre a lonxitude lograba o céltico Raúl Cortizo no último intento os 7.27 m. que lle permitiron reter o título logrado o ano pasado.
Por último no campionato de combinadas, novo triundo para o lucense do Celta Adolfo Sainz Maza despois de sumar ao remate das sete probas un total de 5.225. Nas mulleres foi pola súa banda a Sub23 Andrea Reija do Xuncas Diversia, quen facía o propio con 3.509 puntos.
Foto: Fotocarlosgrafias