Resultados

Excelente ano de récords e medallas

Este pasado ano 2022 supuxo practicamente a volta á plena normalidade de toda a actividade atlética o que traería consigo un excelente número de resultados e rexistros no balance global de récords e campionatos.

Para comezar, durante o ano 2022 lográronse batir un total de 250 novos récords de Galicia dos que a maior parte corresponderon ás categorías másters que confirman con estas cifras, o importante medre que están experimentando tanto no incremento de licenzas como no de resultados deportivos. Foron precisamente os atletas masculinos Pablo Fervenza, Xosé Luis Otero, Nemesio Gutiárez e Domingo Álvarez quenes protagonizaban ao principio do ano o récord do mundo de pista cuberta 4×800 na categoría M65. O propio Pablo Fervenza e Ignacio Fernández na M40, lograban a mediados de ano establecer sendos récords de España nas probas de milla en ruta e martelo pesado respectivamente, malia que sen dúbida foron as atletas femininas as que máis éxitos colleitaron grazas aos nada menos que catro récords de España de Esther Pedrosa na categoría W60 nas probas de 3.000 m. (AL e PC), 5.000 m. e 10K e de Lucía Ferreiro en pértega na W40.

Si esto acontecía cos veteranos, as categorías base tamén pecaharon o ano con bos rexistros e actuacións, xa que un total de 92 novas mellores marcas galegas subiron a táboa do ranking permanente entre as categorías Sub10 ata as Sub20

Non nos esquecemos dos récords galegos absolutos que tiveron nas figuras de Adrián Ben sobre os 800 m., Ainhoa Repáraz nos 100 m., Joselyn Brea nos 3.000 m. así como a dos irmáns Antía e Daniel Chamosa, que facían o propio ca nova distancia olímpica dos 35 Km., os cabeza de lista dun grupo total de dazasete novos rexistros absolutos neste 2022

Máis de medio milleiro de medallas e finalistas nos campionatos de España

Outro dos indicadores do ano 2022 foron as medallas logradas nos distintos campionatos de España desenvoltos nas modalidades de aire libre, pista cuberta, campo a través, ruta e montaña na que se lograron un total de 216 medallas (83 ouros, 65 pratas e 68 bronces) así como un total de 288 postos de finalistas.

Entre os mesmos compre salientar as sete medallas galegas logradas nos Campionatos de España absolutos tanto de pista cuberta, desenvolto en Ourense, como no de aire libre disputado en Nerja. A olímpica Belén Toimil lograba proclamarse campioa de España en peso nos dous eventos, salientando os ouros na cita ourensá tanto de Saleta Fernández en altura como de Ana Peleteiro en triplo sen esquecer as dúas medallas de prata e bronce sobre os 800 m. logradas por Adrian Ben e o bronce en xavelina de Lidia Parada.

Un dos nomes propios deste ano foi o da lucense Sub18 Xela Martínez quen remataba o 2022 co sexto posto no seu debut internacional no campionato mundial de campo a través escolar e que redondearía meses despóis ca novena posición no Campionato de Europa Sub18 celebrado en Jerusalén sobre a proba dos 2.000 obstáculos. Previamente a estas citas, lograba os títulos de campioa de España de campo a través, de 1.500 m, 2.000 obstáculos, 3.000 m. e de 5.000 m. logrando os récords de España de 1.500 m. e 3.000 m. en pista cuberta e 2.000 obstáculos de aire libre.

Tamén lograban proclamarse campións e campioas de España nas súas respectivas probas e categorías Jacobo Soler e Eva Queimaño na Sub23;  Xiana Lago, Hugo Vázquez, Pedro Santos, Alba Cuns e Paula Piñón na Sub20; Ainhoa Repáraz, Aldara Meilán e Blanca Pereira na Sub18; Teo de Frutos, Celia Castro, Enzo López na Sub16 así como un total de 70 atletas másters nas súas distintas categorías e campionatos.

Mención aparte ten a cubana xavelinista ex-plusmarquista mundial Sub20 – e residente en Galicia desde hai uns anos-  Yulenmis Aguilar quen lograba o triunfo no campionato de España (pero sen dereito a medalla) lanzando ata os 64.17 m. rexistro que a sitúan entre os postos top do ranking mundial.

Compartir: