Jorge Blanco recibe o recoñecemento á excelencia

O día de onte foi un día moi especial para Jorge Blanco e para o atletismo galego, xa que o xuíz coruñés en activo desde o ano 1982, recibía máxima distinción que outorga a Real Federación Española de Atletismo e o seu Comité Nacional de Xuíces ca entrega da Placa Juan Satre.

A Placa, que distingue anualmente á  un membro deste colectivo a nivel estatal, outorgase a quen  máis destaque polo seu interese, continuidade, constancia e achegas  ao Atletismo, sendo na actualidade o segundo galego que a recibe na historia.

Esta importante distinción engádese ás xa recibidas polo coruñés, entre as que destacan o Premio RFEA ao mellor xuíz en 2011, o Premio Deporte Galego ao Mellor Árbitro en 2011, ou a Placa Ramón Docal do Comité Galego de Xuíces en 2017 entre outros.

O acto estivo presidido polo Presidente da RFEA Raul Chapado, quen se desprazou ata Coruña para facer entrega desta placa. O Presidente da FGA Isidoro Hornillos, membros e representantes do CNJ, CGX, estamentos atléticos galegos, Concello da Coruña, institucións publicas, amigos e chegados, acompañaron a Jorge neste importe recoñocemento que pon en valor a figura dun dos máis importantes xuices españois e internacionais na actualidade.

Perfil

Quenes coñecen a Jorge Blanco no mundo do atletismo saben perfectamente que tipo de xuiz é. Contar ca súa involucración no desenvolvemento de calquer proba, constitúe todo un aval de éxito no organizativo grazas a súa meticulosidade, rigor e perfeccionamento que veñen da man dunha amplísima experiencia nacional e internacional que xunto ao seu amplo nivel de coñecementos, fan del hoxe en día un dos referentes deste estamento a nivel nacional.

Dentro do seu amplísimo palmarés destaca a súa participación nos XX.OO de Barcelona-1992, tomando parte en numerosas campionatos do Mundo, Campionatos de Europa, e competicións internacionais. É membro do Panel da World Athletics de Homologadores de Circuítos (grao A) desde o ano 2000. Ademáis tamén foi deseñador da señaléctica do Campionato do Mundo de Atletismo de 1999 en Sevilla; Membro fundador da AEEA (Asociación Española de Estatísticos de Atletismo) e Deseñador de circuítos de ruta e campo a través para variados Campionatos e eventos galegos, nacionais e internacionais.

Compartir: