Falar de Angeles Barreiro no atletismo galego é falar dun dos grandes referentes do noso deporte a nivel galego e a nivel nacional. O seu récord galego absoluto de disco representa, xunto ao de Isidoro Hornillos do ano 1979 na proba dos 400 masculinos (+), o máis antigo da lista de récords autonómicos absolutos femininos.
Ela foi a primeira muller da historia do atletismo nacional en superar o listón dos sesenta metros en disco cando un 16 de xuño do ano 1994 lanzaba en Ferrol ata os 60.56 m. no que por aquel entón representaba rachar todas as barreiras cun fabuloso récord de España.
Da importancia do seu logro fala o feito de que tiveron que pasar nada menos que 20 anos para que Sabina Asenjo, a actual plusmarquista nacional, lanzara 61.89 m. rexistro este que só supera na actualidade ao de Angeles Barreiro.
Comezos
Todo daba comezo no ano 1977 cando con catorce anos decide acudir ao Pazo dos Deportes de Riazor para iniciarse no atletismo. Non foron fáciles os comezos xa que a súa tipoloxía non a facía encaixar cos grupos existentes de carreiras e saltos fundamentalmente. Malia elo, a súa determinación e constancia fixo que fora derivada a un grupo de lanzamentos liderada polo mítico adestrador Gregorio Perez Rivera entre cuxos discípulos atopábase un xoven lanzador, que por aquel entón comezaba cas tarefas de monitor, Raimundo Fernández a quen foi encomendada.
Foi a súa vinculación con Rai e cas probas de peso e disco as que marcaron o seu devenir deportivo nun continúo, constante e metódico traballo de máis de vinte anos ata acadar o cumio. Polo medio deles, importantes logros como a medalla de ouro na Westathletic Junior no ano 1981 cun rexistro de 47 metros. Nos dous anos seguintes prodúcese un estancamento como consecuencia da súa mala experiencia na Residencia Blume de Madrid que a fai regresar a Coruña onde bate o récord de España en mans da catalana Gambus convertíndose na primeira muller da historia en superar a barreira dos 50 m. Con eses rexistros e nunha evolución constante, comeza a ocupar postos de honra en distitntos eventos internacionais .
Xa na década nos noventa prodúcese o seu despegamento definitivo que a levaría no ano 1991 ata os Mundiais de Tokyo e no ano 1992 ata a súa histórica participación nos Xogos Olimpicos de Barcelona, non sin antes ter batido por cinco veces o récord nacional ata deixalo nos 59,22 m.
O culmen chegaba dous anos máis tarde, cando a pista de Ferrol presenciaba como Angeles Barreiro lograba ser a primeira muller en superar a barreira dos sesenta 60 m. rachando novamente topes e acadando o cúmio da súa vida deportiva.
A anécdota
Da súa capacidade de competición recollemos dunha entrevista (¨Atletismo y algo más¨ 2009) a seguinte anécdota: «Parecía non ter límite», afirma o seu adestrador, que lembra o día en que lle comunicaron que a lanzadora Sonia Godall arrebatáralle un récord de España: «Estaba a ler o xornal cando lle demos a noticia. Levantou a cabeza, tranquila, e preguntou: ”Cando teño a próxima proba?”. ”O sábado”, respondinlle. ”Pois que o goce, porque iso é o que lle vai a durar”, dixo convencida. E así foi, o sábado seguinte recuperou o récord. Así de segura estaba».