As ligas, as categorías base e os máster protagonistas na fin de semana

Intensísima xornada competitiva a disputa esta fin de semana en distintos frontes.

Para comezar a Liga de clubs deparou excelentes resultados para os equipos galegos na División de Honra xa que o equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o femuinino do RIA Ferrol cumpriron moi ben os seus obxectivos dando un paso casi decisivo para estar outro ano máis na máxima categoría do atletismo nacional logo de acadar a segunda e terceira posición respectivamente nos seus compromisos desta segunda xornada de Liga.

Na primeira División o Real Club Celta de homes estará na fase de ascendo despóis de ceder tan só no seu encontro ante o Elche que o colocan na clasificación xeral no quinto posto. Os conxuntos galegos femininos pola súa contra, terán que pelexar pola permanencia xa que tanto Gimnástica como A.F. Celta non poideron evitar a última posición nos seus difíciles compromisos.

As categorías base e o atletismo máster tiveron os seus campionatos

No que atinxe aos Campinatos Xunta de Galicia da fin de semana, tanto O Barco como Lugo foron escenarios de celebración.

A comarca de Valdeorras contou ca importante disputa do autonómico por Clubs para as categorías Sub10-Sub12 e Sub14 onde se deron cita preto de 640 nenos e nenas e máis dunha vintena de equipos. A gran festa do atletismo base estivo marcada polas excelentes actuacións dos nosos e nosas máis cativos deportistas que viñeron acompañadas por innumerables mostras de deportividade e compañeirismo entre todos eles e elas.

Na clasificación por clubs o ADAS CUPA lograba os primeiros postos nas categorías masculinas Sub12 e Sub14 así como na feminina Sub10, logrando o Atletismo Narón a victoria por equipos na Sub14 feminina, a Atlética Lucense na Sub10 masculina e a Gimástica de Pontevedra na Sub12 feminina.

Pola súa banda as pistas de Atletismo do Gregorio Pérez Rivera de Lugo contaron durante o domingo ca presenza dun importante número de atletas máster quenes estiveron disputando o seu Campionato de Xunta de Galicia individual.

Cun vento que por momentos chegou ata os -4 m/s boa parte das marcas quedaron ¨destragadas¨, malia todo elo non impediu a presenza de importantes atletas nin tampouco de boas actuacións entre as que citamos a de  Juan Manuel Morales, Emilia Rodríguez e Manuel Polo na marcha; Esther Pedrosa nos 400 m., 800 m. e 1500 m.; Luz María Domínguez, Pilar Barreiro e Domingo Álvarez nos 400 m.; Cristina Estévez nos 800 m., Basi Bernárdez na lonxitude e triplo; Juan Luis Paz e Rosario Sureda en altura; Carlos Ferrer en martelo e valos e Javi Viteri en Xavelina por citar so algúnhas e algúns.

A maiores Martín Brea lograba un novo récord no concurso de disco de 1,5 k. ao lanzar ata os 46.58 m. na categoría M50.

Mención especial para o atleta M80 do ADAS CUPA Manuel García Alfonso quen puxo no día de onte o punto e peche a súa participación activa no atletismo logo de  70 anos de ampla e moi destacada traxectoria atlética. Durante o seu último campionato lograba ademáis os títulos de 100 m. e 200 m. logrando como colofón, o récord galego da categoría M80 nos dobre hectómetro con 46.10

Compartir: