Resultados

Actualízase o protocolo Fisicovid da FGA

Acaba de ser aprobado por parte da Xunta de Galicia a nova actualización do Protocolo Fisocovid da Federación Galega de Atletismo que regulará no sucesivo, toda a actividade atlética federada que se desenvolva.

Nesta nova actualización contémplanse importantes cambios, como o de permitir nas probas de ruta saídas de grupos de 500 malia que con certas condicións. No que atinxe á pista, apróbase a eliminación de calquera restrición COVID en canto a número de participantes por proba, que deberán cumprir a normativa de competición da FGA para a tempada. Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19

 

Compartir: