Resultados

Os tempos da pista cuberta

Da comezo unha nova tempada 2022 de pista cuberta no atletismo galego cuns excelentes rexistros e sensacións que tiveron na figura do atleta do Real Celta Chichu García ao máis madrugador e principal protagonista da valocidade galega. Del teñen sido as dúas últimas melloras absolutas na proba dos 60 m. que quedaba finalmente establecida nos 6.78 logrados en Salamanca o pasado fin de semana. Xunto estes importantes rexistros, foron tamén salientables os récords galegos Sub18 logrados na pista cuberta de Ourense o pasado día 8 por Ainhoa Reparaz nos 60 m. e Xela Martínez nos 800 m. e os récords másters de Xulio Ventín en peso, Amador Pena nos 800 m., Miguel Gómez por partida dobre, nos 60 m. e nos 200 m. e Lucía Ferreiro en pértega, esta última ademáis con récord de España.

Si ben é certo que as novas plusmarcas galegas nesta ocasión foron bastante madrugadoras, non é menos certo que existen outras tantas que por moi diversos factores, atópanse ancoradas ao longo de varios decenios na evolución dos seus rexistros, non albiscándose a curto prazo, a ningún candidato/a capaz de pódelas superar.

As máis lonxevas.

Das probas oficiais absolutas é a do madrileño Rafel Espejo do Real Club Deportivo no concurso de altura, a que conta con máis anos xa que o seu excelente rexistro de 2.18 m. segue imperdurable desde o ano 1986 na táboa de récords galegos. Cabe salientar que segundo a normativa do momento, as marcas dun atleta non galego pero fichado por un club da nosa comunidade durante certo tempo, eran consideradas a efectos de récords e ránking como tales.

No tocante a proba femenina o récord máis antigo atópase na proba dos 60 m. valos donde a internacional coruñesa María José Martínez establecía o 10 de marzo de 1989 no pazo dos Deportes de Madrid o actual récord galego de 8.42.

Claro que si imos ás probas non oficiais, son os 34.2 na proba dos 300 m. efectuados por Isidoro Hornillos quenes continúan como récord galego absoluto con máis antiguedade, rexistro este ocurrido no Pazo dos Deportes da coruña o 13 de marzo de 1982 e que supuxeran ademáis por aquel entón un novo récord de España.

Para atopar a plusmarca galega máis lonxeva da pista cuberta, temos que buscala na categoría Sub16 e remontarnos ata o 25 de xaneiro de 1975 na que Alberto Castro do San Miguel de Marín superaba no Pazo dos Deportes de Riazor o listón de altura elevado ata os 1.85 m. que desde ese entón seguen representando o tope autonómico da citada categoría. De igual modo o atleta do Real Club Celta Ignacio de Coo na categoría Sub20, posúe outro dos récords post-45 co seu salto de 7.39 m. efectuado sobre o foso de lonxitude da pista cuberta de Madrid o día 7 de febreiro de 1976.

Compartir: