Un excelente campionato para conmemorar o ano do Centenario

Excelente Campionato Xunta de Galicia Absoluto o presenciado no día de onte nas pistas Municipais de Balaidos. O evento, que contou ca importante colaboración e apoio do Concello de Vigo e Deputación provincial de Pontevedra, celebraba o ano do centenario da Federación Galega de atletismo precisamente na cidade da súa fundación e creación baixo un importante control de seguridade e medidas sanitarias.

Ca presenza por vez primeira nas bancadas de público controlado, daba comezo a dobre xornada esta edición onde no sector da velocidade, e como se agardaba, as grandes protagonistas foron as atletas internacionais  Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural e Mauro Triana do Playas de Castellón os cales lograban os títulos tanto nos 100 m. como nos 200 m. demostrando nestes intres o seu liderazgo neste sector do noso atletismo. Precisamente a lucense tomaba esta competición como un dos ultimos test de cara aos Xogos paralímpicos nos que tomará parte.

Sen lugar a dúbidas unha das probas máis agardadas foi os 400 m. ca presenza de Jacobo Soler do Rías Baixas recén chegado do europeo Sub23, e os célticos Pedro Juncal e Jorge Román ambos cunha máxima igualdade sobre a distancia cuxo triunfo decantábase ao lado do catrocentista internacional con 47.71 polos 47.74 de Pedro Juncal. Na categoría feminina a plusmarquista galega Sub20 do Riazor Coruña María Fernández refrendaba o seu excelente momento de forma impoñéndose cun rexistro oficial de 56.55 a Eugenia Gil da Gimástica quen baixaba dos cincuenta e oito segundos por dúas centésimas.

Outro dos nosos europeístas Sub23 de Tallín,  Elian Numa López do Coruña Comarca, domiñaba comodamente os 800 m. con 1:52.29 proba esta na que Laura Santos do Lucus convertíase na protagonista do medio fondo logo de  facerse co título tanto dos 800 m. con 2:16.82 como na dos 1.500 m. con 4:34.43. En homes  Pablo Bocelo do Coruña Comarca con 4:00.62 lograba a medalla de ouro dos 1.500 m. por diante de Carlos Porto con 4:01.41

Esteban Vila do Lucus Caixa Rural foi outros dos atletas destacados do campionato gañando tanto nos 3.000 obstáculos con 9:16.77 como nos 5.000 con 14:34.18 proba esta última na que a internacional do Comesaña Sandra Mosquera con 18:16.54 lograba o autonómico na categoría femenina, nunha carreira gañada pola venezolana Edymar Brea do Ourense Atletismo. Ana García do ADAS Proinor facía o propio sobre os obstáculos con 11:03.58

Nos valos interesante man a man entre Lucía Ferrer da Gimnástica e Teresa Rodríguez do Riazor Coruña con victoria final para a pontevedresa con 14.41. De igual modo non menos interesante resultou os 400 valos femininos na Lucía Rivadulla do Ría Ferrol remataba por diante da medallista no nacional Sub23 Belén García do ADAS Proinor con 1:00.14. Na categoría masculina o venezolano Gerson Vidal Izaguirre do Narón era o máis rápido nos valos curtos, nun sector no que o protagonista foi o lucense do Lucus Caixa Rural Galega Santi Rozas logrando os títulos galegos tanto dos 110 valos con 14.60 como na dos 400 v. con 55.99.

Nos concursos de saltos destacada actuación da atleta Lucía Sáchez del Valle da Atlética Lucense conseguindo o título de altura con 1.64 m. e unha excelente segunda posición na lonxitude con 5.67 m. Foi precisamente sobre ese foso na que unha das atraccións do campionato, a campioa de España e plusmarquista galega Leticia Gil,  domiñaba o concurso saltando ata os 6.17 m.  Na pértega Lola Bouza do ADAS Proinor con 3,60 m. retiña o título galego absoluto diante de Bea Viteri quen tería que saltar con problemas físicos logo de rachar a súa pértega nos primeiros saltos. No concurso de triplo Alba Cuns cumplía os pronósticos con 12.69 m. diante dunha excelente Tania Valverde do ADAS Proinor quen chebada ata os 12.01.

Na categoría masculina o Sub20 Raúl Cortizo con 1.84 m. impoñíase na altura logrando o bronce nun emocionante concurso de lonxitude que foi gañado por David Ferrer da Gimnástica con 7.28 m. Tomás López do Atletismo Sada foi quen máis saltaba sobre o listón de pértega con 4.20 m. facendo o propio no triplo o lucense subcampión de España Sub23 de pista cuberta,  Alexandre Barreiro do Lugo Running con 14.89 polos 14.00 de Pablo Saa do Real Club Celta.

Nos lanzamentos os célticos Miguel Angel Granados con 14.47 e Raquel Villa con 12.14 domiñaban o sector do peso proba esta na que Victor Gallego lograba un metal de bronce que sumaba ao tamén bronce de disco, cuxo gañador foi o máster do Atletismo Sada Fran Gúzman con 45.91 m. No martelo o plusmarquista galego e internacional Isaac Vicente confirmaba os pronósticos gañando con 61.35 m. o mesmo que facía na categoría femenina Marta Neira do AVA con 49.10 m. No disco a subcampioa de España en Pista Cuberta Sub18 en peso  Xiana Lago do Ría Ferrol lanzaba ata os 40.09 m. que lle daban a victoria do concurso e que completaba ca prata en peso con 11.75 m.

Salientamos de igual modo as dúas medallas da Campioa de España Sub20 en xavelina Paula Piñón quen lograba o bronce no peso con 12.14 como a prata na xavelina con 41.75

Destacada presencia da atleta internacional cubana Yulenmis Aguiar lanzando ata os 56.12 nun concurso onde o título autónomico foi para María Pena do A.F.Celta con 42.09 m. En homes sería Manuel Uriz  con 64.21 quen domiñaba a especialidade por diante de Borja Barbeito quen reaparecía para lanzar ata os 61.76 m.

A marcha centraba novamente sobre as pistas de Balaidos a atención de todos o publico, xa que sobre os 5.000 marcha a internacional e medallista de bronce nos recentemente desenvoltos Campionatos de Europa Sub23, Antía Chamosa da Gimnástica lograba un récord galego Sub23 sobre esta proba logo de rematar con 22:20.89 e xubilar os 22:37 de Laura Ferreiro logrados no ano 1998 na Coruña. Dani Chamosa da Gimnástica na categoría masculina pola súa banda, facía o propio con 19:45.84 ocupando o medallista internacional máster-40 Iván Morales do Marineda Atlético o segundo lugar cun novo récord galego de 20:51.04.

Por último na proba dos relevos, a Gimnástica na categoría feminina e o Real Club Celta na categoría masculina domiñaban o conxunto dos mesmos.

Récord do Mundo

Un dos momentos importantes da competición foi a do récord do mundo do atleta máster M80 Pepín Rioseco do Atletismo Narón quen sobre a proba de milla en pista establecía un crono de 5:56.93 que mellora os 6:22.69 da anterior plusmarca mundial en posesión do madrileño Manuel Alonso desde o ano 2017 .

Con este importante rexistro, o atleta ferrolá nas ringleiras do Atletismo Narón suma o seu quinto récord mundial que engade aos logrados na categoría M80 sobre os 800 m. con 2:41.59 (2021); M75 sobre os 2.000 m. obstáculos con 8.29.26 (2019);  o dos 1.500 m. con 5:11.27 (2018) e o dos 800 m. con 2:30.59 (2016), ademáis dos catro récords de España tanto en aire libre como na pista cuberta.

Homenaxe a Victor Gallego

Noutro orden de cousas Victor Gallego recibía do atletismo galego a mans do seu presidente Isidoro Hornillos, unha merecida homenaxame por ser o atleta con mais títulos galegos logrados da historia.

Ademáis dos seus títulos, destacase tamén os excepcionais valores do carismático lanzador galego que fan del un dos atletas mais queridos e admirados do noso deporte

Premios en metálico

En outro orden de aspectos, o campionato serviu para repartir premios en metálico para os tres primeiros de cada sector de 150 €, 100 € e 50 € así como un premio especial de 200 € para a mellor marca de todos os participantes por táboa WA quen sería para o marchador Daniel Chamosa cuxo rexistro de 19:45.84 sumaba un total de 1.081 puntos.

Placa Ramón Docal

De igual modo o Comité Galego de Xuices como ven facendo habitualmente cada ano coincidindo co Campionato Galego absoluto, distinguía ca súa máxima distinción, a Placa Ramón Docal, a xuiza Mercedes García Cayo como recoñecemento a toda unha traxectoria como xuiza de atletismo.

Récords galegos batidos

No campionato batíronse un total de onde récords de Galicia. Ademáis dos xa mencionados, estes son os mesmos:

  • 100 m. M-35: Miguel Gómez (R.C.Celta) 11.01
  • Milla M-50: José Cabado (At. Santiago) 5:12.06
  • Milla M-60: José Fernández Sangiao (Verxel Nutrición) 5:12.77
  • Milla M-65: Domingo Álvarez (Burgas Ourense) 5:26.00
  • Milla W35: Begoña Domínguez (Ourense Atl.) 5:26.26
  • Martelo W-45: Loreto Brea (S.Gimnástica) 37,50 m.
  • Martelo W-60. Ana María Abuín (At. A Silva) 23,76 m.

Compartir: