Un total de tres medallas e tres postos de finalistas foi o balance das atletas galegas e galegos que tomaron parte no Campionato de España absoluto de pista cuberta que se desenvolveu durante esta fin de semana nas pistas madrileñas do Gallur.
As importantes restricións do número de participantes por medidas COVID fixo que o número de atletas tanto da nosa comunidade como doutras fora moito menor en comparación con outras edicións, alongándose de igual nmodo a competición ata os nada usuais tres días.
Tres medallas e tres finalistas de finalistas
No apartado de actuacións, a venezolana con ficha galega Nediam Nori Vargas estaría competindo durante o venres na proba de combinadas onde remataba nunha excelente sexta posición na proba de Pentathlon cun total de 3.889 puntos. No seu concurso estabrecería unha MMP de lonxitude con 6.04 m. (8.81/1.57/11.44/6.04/2:25.34)
Uxía Pérez Bugarín do Playas de Castellón quen sería repescada a última hora para tomar parte nos 3.000 m. facía o seu debut nun nacional de pista cuberta abosluto. A fondista galega nun ano complicado, remataría con 10:02.00 no oitavo lugar na segunda semifinal dos 3.000 m. celebrada no día de onte.
A primeira das medallas galegas sería a protagonizada por Belén Toimil que lograba o título nacional nunha proba domiñada durante os dous últimos lustros por Úrsula Rúiz. A de Mugardos lograba lanzar ata os 17.81 m. nun concurso no que domiñaba de maneira autoritaria e onde confirmaba o seu excelente estado de forma lanzando novamente por encima da barreira dos 17.80 m. que venturan un máis que posible récord nacional en breve.
Ana Peleteiro, foi a outra das grandes bazas galega nestes campionatos. A riveirense e campioa de Europa, non defraudaría logrando o títitulo nacional de triplo xa no seu primeiro intento, estabrecendo a súa MMT con 14.21 m. Con esta marca se proclamaba novamente Campioa de España como xa fixera o ano pasado en Ourense.
Sen abandonar o foso de area, na categoría masculina o vixente campión nacional Jean Marie Okutu novamente volvía a ser medallista da proba de lonxitude. Malia que non puido reter o título do ano pasado, o saltador lograba un meritorio bronce con 7.68 m. a dous centímetros da prata, e que amplían a sua xa dilatada carreira atlética repleta de éxitos nos distintos nacionais.
Mal día o de hoxe para Adri Ben quen loitaba tanto polo título dos 800 m. como por un dos postos que daban acceso ao europeo de pista cuberta. Logo de acceder á final nas semis con 1:50.51 na carreira decisiva non sería quen de estar na loita directa polo título que recaería en Alvaro de Arriba, entrando na quinta posición con 1:49.66 O finalista nos pasados mundiais, xa mira con ilusión os seus seguintes obxectivos.
Por último excelente salto unha vez máis o que faría o subcampión nacional Sub23 Alex Barreiro do Lugo Running. O seu momento de forma é expectacular sendo mostra delo os seus 15.04 m. que volven a ser MMP e que ademáis o convirten no sexto mellor especialista nacional do concurso de triplo.