Resultados

O Atletismo Galego chora a Alejandro Gómez

No día de hoxe o atletismo galego está de loito polo falecemento dun dos seus grandes ídolos da historia máis recente do noso deporte.

Alejandro Gómez Cabral non foi capaz de superar unha terrible enfermidade que o tiña apartado da escea deportiva e social. Acompañado pola súa muller de maneira inseparable, a tamén ex-atleta Paula Hernández, tan só últimamente facía actos de aparición pública para recibir os innumerables homenaxes e mostras de cariño que de todos os recunchos e sectores da sociedade recibía. A Federación Galega de Atletismo sería unha das institucións que o faría precisamente a mediados do mes de xullo do ano pasado, cando Alejandro recibía a máxima condecoración da entidade de mans do seu presidente Isidoro Hornillos

Alejandro Gómez, é sen dúbida polo seu curriculu deportivo, un dos atletas máis sobresaintes da historia galega do noso deporte. Abanderado da xeneración de ouro do atletismo galego, o atleta de Zamáns representaba por arriba de resultados e excelencias deportivas,  un home capaz de asumir retos, de abordar dificultades e de plantar dura loita contra todos aqueles retos que tanto a nivel deportivo como a nivel personal a vida puxo no seu camiño. Por desgracia neste caso e logo de pelexar ata o remate, non foi posible rematar esta dura carreira.

Un currículo ao alcance só das lendas

Alejandro Gómez Cabral (Vigo, 1967) formaría parte dunha excepcioal xeración de fondistas galegos que durante os últimos anos dos oitenta e boa parte dos noventa dominaría as probas de fondo e campo a través.

Adestrado por Julio Rodríguez , xa de xuvenil amosaría as súas excepcionáis cualidades que o levarían a destacar tanto nos obstáculos, coma nos 5.000 m. 10.000 m, marathon e sobre todo no campo a través.

No ano 1988 acreditaría a mínina de participación para tomar parte nos Xogos de Seul na proba dos 5.000 m.l. na que chegaría a correr as semifináis acadando un rexistro de 13.41.73. Catro anos máis tarde e xa convertido nun especialista dos 10.000 m. tomaría parte nos Xogos de Barcelona-92, malia que tería que abandonar a súa serie por problemas físicos.

Unha nova cita máis, chegaría catro anos despóis  ca disputa dos Xogos de Atlanta sobre a mesma distancia dos 10.000 m. na que chegaba á final olímpica acadando un 15º posto cun rexistro de 28.39.11. Con tres edicións nos Xogos sitúase na lista de atletas galegos con máis olimpiadas desputadas

Alejandro Gómez conta cun importante curriculum do que salientamos as 41 internacionalidades, os récords de España Sub20 e Sub23 e os seus nove campionatos de España absolutos nas probas de fondo e campo a través. Na súa carreira deportiva militaría en varios clubes importantes tanto galegos coma nacionáis, chegando a tomar parte no ano 1997 en Rotterdan na proba de marathon onde acadaría a segunda posición cun rexistro de 2.07.54.

Os seus rexistros máis importantes a nivel absoluto individual serían o sexto lugar no mundial de Campo a través (1988) así como os postos de finalista nos Campionatos de Europa de Marathon nos anos 1998 (5ª) e 2002 (6º)

A nivel persoal, era un consumado amante da natureza e dos animáis, mundo este que misturaba ca súa paixón por seguir correndo

Xogos Proba Marca Posto
Seul-88 5.000 m. 13:51.60 9º elim. 1ª
Seul-88 5.000 m. 13:41.73 11º 1ª semf.
Barcelona-92 10.000 m. Abandona
Atlanta-96 10.000 m. 28:28.16 9º na 2ª semf.
Atlanta-96 10.000 m. 28:39.11 15º na final

 

Curriculu RFEA

Compartir: