Resultados

Actúa sostiblemente respetando os espazos naturais

Ao longo destes últimos lustros téñense producido importantes evolucións nas tendencias e demandas dos nosos atletas, que cada vez en maior número, viñan demandando novos escenarios e formatos competitivos. Tales cambios fixeron mudar casi de seguido e de maneira  notoria, o enfoque que ata o de agora se viña dando tanto por parte de entes federativos como instituciónais, e que os levaría a darlle unha importancia notoria na súas políticas de promoción e programación.

Nunha primeira etapa, unha gran masa de atletas populares iniciaría ese cambio de tendencia que se faría notar nas probas de ruta e pedestrismo, para dar paso nunha máis recente, a redirixir as miradas, aos espazos naturais onde novos e importantes colectivos de afeccioados se están sumando con gran entusiasmo.

A xeografía da nosa Comunidade obra a favor da proliferación de probas tanto de  campo a través, como de orientación, sen esquecer as de ¨cani cross¨, andainas, montaña e ¨trail runing¨ (dentro das súas respectivas rugulamentacións federativas) baixo cuxo denominador común se atopan os espazos naturais que comparten.

Todo elo leva implícito que importantes escenarios naturais e paisaxísticos, téñense visto afectados polo impacto que estas prácticas conleva nos seus respetivos ecosistemas, o que nos obriga a adoptar medidas que garanten o dereito e disfrute deses espazos, xunto a unha actitude de responsabilidade e de sostenibilidade do mesmo

Resuminos aquí, algúns dos puntos importantes que compre ter presente nas probas en espazos naturais abertos e publicados pola “Federación da Natureza e parques nacionais de Europa” que poden servir a modo de exemplo e orientación:

  • A proba deberá deseñarse e programarse, tendo en conta os períodos do ano con menor ou nula incidencia sobre a flora ou a fauna.
  • A saída e a meta deberán situarse, preferentemente, en chan urbano. Serán os únicos lugares do percorrido nos que se poderá instalar publicidade comercial (pancartas, bandeirolas, etcétera). Como criterio xeral, na elección dos percorridos valoraranse os tipos de substratos, elixindo aqueles ben consolidados, sen problemas de erosión e acondicionados periodicamente.
  • Os avituallamientos deberán situarse en lugares de fácil accesibilidade para minimizar os problemas de transporte dos materiais e lixos posteriores. Débese incluír cubos de separación de residuos sendo a comida e bebida sen envasar e a froita estar pelada
  • As áreas de espectadores situaranse en zonas de fácil acceso, evitando aglomeracións e impactos sobre os recursos, e favorecendo a circulación.
  • Nas actuacións de publicidade da proba e, nas reunións previas cos corredores, informarase sobre as normas básicas de respecto ao medio natural e a regulación propia do espazo natural
  • A organización comprometerase a non utilizar ningún tipo de pintura (nin sequera as biodegradables) como medio de sinalización. Evitaranse as emisións sonoras dentro do medio natural. Este tipo de ambientación só podería realizarse, nas contornas da saída e meta, e sempre que se sitúen dentro de núcleos urbanos.
  • A organización coordinará, en colaboración coa autoridade competente, o estacionamento dos vehículos (tanto da propia organización como do público asistente) para que estes non obstaculicen o tránsito rodado e o acceso a pistas, non afecten a zonas naturais, e non bloqueen os accesos a tomas de auga ou depósitos contra incendios. Estes puntos deben contar, polo menos, con dúas saídas.
  • Promocionarase o transporte público colectivo (autobuses, vehículos alta ocupación, etcétera) ou o habilitado pola propia organización do evento.
  • Incluír o compromiso de informar os corredores da conduta ambiental que deben seguir durante a carreira (non gritar, non saírse dos camiños, non atallar, non lanzar lixo). Os voluntarios deberán recibir unha mínima formación ambiental para desempeñar o seu labor
  • A organización podería incluír, na inscrición, un pequeno canon económico ambiental co obxectivo de axudar á restauración e conservación do espazo protexido. Incluír o compromiso de informar os corredores sobre os impactos que poden producir os adestramentos sobre o trazado da carreira, e que por tanto, estes deberán tamén rexerse polas mesmas boas prácticas indicadas pola organización para o día da proba.
  • Contemplar a posibilidade de que os corredores participen no mantemento e restauración dos carreiros polos que transcorra a proba, e que fosen danados polo desenvolvemento desta.
  • Recomendar facer uso do transporte público. En caso de utilizar vehículos privados, circular e estacionalos nas zonas habilitadas pola organización e a administración do espazo protexido.
  • Evitaranse as emisións sonoras dentro do medio natural (megafonía).
  • Prohibición de lanzamento de foguetes e pirotecnia, incorporar grupos musicais ou megafonía como ambientación. Este tipo de ambientación só podería realizarse, nas contornas da saída e meta, e sempre que se sitúen en núcleos urbanos.
  • Información sobre o a velocidade de circulación permitida dos vehículos no interior do espazo protexido. Información sobre aspectos de interese do espazo protexido (natural, cultural). É unha boa ocasión para coñecer e gozar destes espazos.
  • Informar sobre as prohibicións de provocar alteracións sobre as especies de fauna e flora, a súa captura ou molestia intencionada e o dano ou recolección das especies de flora ou de calquera dos seus partes (flores, froitos, etcétera).
  • Informar sobre as prohibicións de danar o medio xeolóxico ou o chan, utilizando os camiños e carreiros existentes.
  • Convidar a ser responsable dos seus residuos e transportalos ata a súa residencia habitual ou en todo caso, ata o lugar de recollida selectiva, nos núcleos urbanos.
  • Informar sobre a conveniencia de non utilizar fósforos e cigarros, se se utilizan, deberán apagarse coidadosamente, depositando as cabichas en contedores

Compartir: