Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Aclaración dúbidas na interpretación do Estado de Alarma

Antes das dúbidas as dúbidas xurdidas na interpretación do recente Decreto 178/2020, do 30 de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, compre indicar o seguinte:

  • Restricións ás agrupacións de persoas.

Segundo o disposto no artigo segundo, no seu parágrafo terceiro, esta limitación non será aplicable no caso da práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. En consecuencia haberá que estar ao disposto nos protocolos federativos aprobados segundo o modelo Fisicovid-Dxtgalego.

  • Restricións á mobilidade.

Con base no artigo primeiro, apartados 2, punto b) (Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais ou legais), e k) (Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada), a realización de actividades deportivas federadas estarían exceptuadas.

  • Interpretación do RD 926/2020.

Segundo a interpretación traslada polo CSD, así como no Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud, as excepcións contempladas nos artigos 5, h) e 6, k), aplicaríanse ao deporte profesional e non profesional federado. En consecuencia as actividades deportivas federadas estarían exceptuadas das limitacións de circulación nas franxas horarias entre as 23:00 e as 06:00 h.

  • Acreditación.

Aos efectos do disposto nos apartados anteriores, deberase portar pola persoa interesado un certificado da correspondente federación galega na que acredite estas situacións.

  • Competencias doutras administracións públicas.

Esta interpretación dítase sen perxuízo das medidas que poidan acordar outras administracións públicas competentes ou como titulares das instalacións deportivas. Neste caso haberá que estar ao que dispoña a autoridade competente en cuestión

Comunicado da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia

Compartir: