Continúa o camiño cara unha certa normalidade

No día de onte, e una vez aprobadado o Protocolo COVID19, a Xunta de Goberno da Federación Galega de Atletismo suprimiu a suspensión de probas que debido a situación sanitaria existía. Con esta medida, xa se pode reanudar oficialmente a actividade tendo en consideración a citada normativa do Protocolo COVID19 que limita e marca as pautas para a celebración das mesmas.

De igual modo a recuperación de certa normalidade, obrigará a extremar as medidas de control sobre cada evento, polo que cada organizador que desexe incluir alguna proba no calendario, deberá contar co visto bó da Comisión COVID19. Lembramos que esta Comisión foi creada pola Federación Galega de Atletismo tendo como misión a de elaborar  o citado Protocolo, así como a de efectuar un seguimento e control das medidas de seguridade e hixiene no noso deporte.

Xuntanza cos Delegados

No día de onte tamén se manterían sendas xuntanzas telemáticas cos Delegados da FGA para aclarar as dúbidas existentes na aplicación das novas normas así como para abordar aspectos sobre o calendario de probas e sedes.

Calendario de probas 

Protocolo COVID19 FGA

Compartir: