Resultados

Elección das/os mellores atletas galegas/os do 2018

Xa se atopa aberta a pasarela que permitirá escoller ás/ós mellores atletas galegas/os da pasada tempada na Gala do Atletismo Galego que este ano terá por anfitrión o Concello de A Estrada.

Como cada ano, serán varias as categorías que se poderán escoller e que foron establecidas en base ós seguintes criterios:

Para o mellor atleta absoluto femenino e masculino (Internacionalidades absolutas/os, medallistas en campionatos de España absolutos ou que superaran un récord galego absoluto en probas olímpicas)

Para o mellor atleta Sub16/18/20/23 femenino e masculino (Atletas internacionais ou campioas/óns de España nas categorías Sub23, Sub20, Sub18 ou Sub16)

Para o mellor atleta máster femenino e masculino (Medallistas internacionais ou atletas situadas/os entre as 10 primeiras/os do ránking mundial e sempre e cando tiveran participado en campionatos específicos da categoría)

Vota polas túas preferidas/os

Sorte a todas/todos!

Compartir: