XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

Comezan os nomeamentos e as distintas xuntanzas do novo mandato

Conforme as funcións que corresponden ó Presidente da Federación Galega de Atletismo, derivadas da aplicación do artigo 25:  “Elección de membros da Comisión Delegada” do Regulamento Electoral, nos que se indica que “Un terzo da comisión delegada debe ser designado polo titular da presidencia da federación”, se decidiría que estes membros fosen os seguintes:

  • Club ADAS de O Barco de Valdeorras
  • Club Lugo Running by RL
  • Oscar José Seoane Vázquez

Convocatoria a Asemblea Xeral e Comisión Delegada

Noutra banda e de acordo co que determinan os artigos 18º e 22º dos vixentes Estatutos da Federación Galega de Atletismo, e por orde do presidente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente ao ano 2018.

A Asemblea celebrarase no Parador de Santiago – Hostal Reis Católicos de Santiago de Compostela o sábado día 29 de decembro do 2018 ás 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda convocatoria, para tratar os asuntos da orde do día que son os correspondentes ás funcións da Asemblea Xeral Ordinaria establecidas no artigo 18º dos actuais estatutos da FGA.

Convocatoria Xunta Directiva e Comisión Delegada

Seguindo cas distintas xuntanzas, o Presidente da FGA convoca ós membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada a unha xuntanza que terá lugar o sábado 22 de decembro as 14:30 horas nas instalacións deportivas da pista cuberta de Ourense co fin de abordar e tratar distintos aspectos de especial importancia.

Nomeamento membros Comisión Delegada FGA

Convocatoria Xunta Directiva

Convocatoria Comisión Delegada

Compartir: