Sanmertolameu, Coruña Comarca e Riazor Coruña protagonistas no galego de relevos

Bo ambiente e espectáculo o que se viviría onte en Ourense ca disputa do II Campionato de Galicia de Relevos.
As probas que se desenvolverían en horario de mañán verían como os clubs do Coruña Comarca en homes e o Riazor Coruña en mulleres acabarían converténdose nos protagonistas do campionato logo de acadar os triunfos das categorías absolutas.
O equipo laranxa reeditaría as victorias acadadas o ano pasado nos relevos femininos impoñéndose tanto nos 4×100 m. con 48.75 como nos nos 4×400 m. 4:08.04 respectivamente.
Pola súa banda o Coruña Comarca lograría os dous podios na categoría masculina con 43.15 do relevo curto e 3:25.24 no 4×400 m.
No resto de categorías salientar o récord galego máster 45 feminino do Sanmertolomeu quen no relevo dos 4×400 marcaría un crono oficial de 4:37.77
No restro de categorías os títulos corresponderon ós seguintes equipos:

Categoría masculina
4×100 Absoluta: Coruña Comarca con 43.15/ 4×100 Sub-18: C.A. Santiago con 56.78/ 4×100 Sub-16: E. Atlética Lucense con 46.67/ 4×100 Máster 40: Atletismo Narón con 48.09/ 4×100 Máster “A:” Atlética A Silva con 50.67/ 4×80 Sub14: Atlética A Silva con 42.79/ 4×300 sub-16: E. Atlética Lucense con 2:38.03/ 4×400 Absoluta: Coruña Comarca con 3.25.24/ 4×400 Máster “B”: Club Atletismo Santiago con 3:50.20/ 4×400 Máster 40: Atletismo Narón con 3:52.33/ 4×400 Máster “C”: Atlética A Silva con 4:27.33

Categoría feminina
4×100 Absoluta: Riazor Coruña con 48.75/ 4×100 Sub-23: Riazor Coruña con 50.19/ 4×100 Sub-18: E. Atlética Lucense con 56.78/ 4×100 Sub-16: Olímpico de Vedra con 52.55/ 4×100 Máster 40: Atlética A Silva 1:04.08
4×80 Sub-14: Atlética Val Miñor con 44.31/ 4×300 Sub-16: ADAS Proinor con 2:58.03/ 4×400 Absoluto: Riazor Coruña con 4:08.04/ 4×400 Máster 45: Sanmertolomeu con 4:37.77 (NRG)/ 4×400 Máster 40: Atlética A Silva con 5:37.80

Resultados

Na foto integrantes do Sanmertolomeu logo de batir o récord galego de 4×400 máster 45.

Compartir: