Vinte anos de emocións e bo atletismo

Todo deu comezo fai vinte anos cando un 18 de abril do ano 1999 os mellores clubs galegos de por aquel entón, tomaban parte nas pistas Universitarias de Santiago na primeira edición do Campionato de Galicia de Equipos que daría como gañador na categoría masculina ó club anfitrión, o C.U.A. de Santiago e na feminina o Real Club Celta.

Por aquel entón un xa prometedor e internacional ese mesmo ano en Riga David Gómez con apenas 18 anos, comezaba a forxar ó seu impresioante palmarés olímpico no seu club de sempre, o Celta de Vigo. Xunto el, Carlos Adán (NB-RCC), Carlos de la Peña (CDU), Martín Brea (CDU) ou Laura Ferreiro (RIA Ferrol)  todos eles internacionais, botaban a andar esta primeira edición que co paso dos anos non faría outra cousa que gañar en prestixio, espectacularidade e emoción en cada unha das súas edicións.

Durante estes catro lustros, o RÍA Ferrol sería a formación que lideraría o atletismo galego feminino grazas ó seu traballo teimoso e constante que lle levaría a estar na máxima categoría da Liga Nacional e a acadar nada menos que doce triunfos neste campionato autonómico. Xunto as departamentais o CUA de Santiago (hoxe en día C.D. Universitario), Real Club Celta (hoxe A.F. Celta) e Ourense Atletismo Academia Postal (hoxe Ourense Atletismo) son os conxuntos que poden presumir de contar con algúns títulos nas súas vitrinas.

Si esto acontece na categoría feminina, na masculina é o Celta de Vigo quen con sete campionatos lidera o ránking de victorias  superando a unha Gimnástica de Pontevedra con catro. Dase a paradoxa de que nalgunhas edicións o Celta, malia estar militando na Primeira División, superaba ós pontevedreses instalados na máxima categoría nacional da División de Honra, o que fala da emoción e da incertidume deste encontro na que a home por proba, nada está decidido ata o remate da mesma. Ademáis dos equipos pontevedreses tamén acadarían títulos o Ourense Atletismo Academia Postal, e o CUA de Santiago.

Compre mencionar da mesma maneira ás formacións do ADAS Proinor, Atletismo Narón, LUCUS Caixa Rural Galega, Liceo Casino de Vilagarcía, Atletismo Vila de Cangas, ou Pabellon Súbita de Ourense, (algúns deles xa desaperecidos) como outras dos equipos que nalgunha ocasión subirían ó podio.

En canto ás sedes, Ferrol sería quen acollera en máis ocasións esta cita con cinco celebracións (2004, 2008, 2013, 2015, 2017) seguida de Santiago con catro, Lugo, Ourense e Vigo con tres, e O Barco de Valdeorras con unha.

Guía XX Campionato de Galicia de Clubs

 

Compartir: