Resultados

Aprobado para as probas pedestres galegas

Como cada ano a RFEA acaba de publicar o ranking de probas calendadas na tempada 2016/2017 e que determinan en base a parámetros tales como a capacidade organizativa, a antigüidade no calendario da RFEA, o número de participantes, o nivel deportivo da competición e o nivel dos atletas participantes en cada unha delas, os mellores eventos deportivos do ranking nacional. Nela establécense cinco categorías: millas, probas ata 10 Km, probas ata Medio Maratón, Maratón e probas de 100 Km, sendo a puntuación oficial o promedio das tres últimas edicións.

Nelas figuran varias probas galegas que se atopan nunhas posicións intermedio-altas en cada unha das distintas clasificacións deste baremo.

Asi no apartado de Millas figura no posto noveno a única proba destas características da nosa Comunidade que non é outra que a XXXI Milla Urbana de O Barco que se desenvolvería o pasado 17 de setembro. Esta proba vería incrementar súa puntuación en relación a edición do ano 2016 de maneira importante o que amosa a vocación de medrar e consolidarse como unha das importantes do panorama nacional.

Outro dos grandes apartados que se establecen é o das probas dos 10 km na que contamos con dúas carreiras galegas. A primeira delas corresponde a XI Coruña 10 que se desenvolvería o 8 de outubro e que acada o noveno posto subindo un con respecto ó ano 2016. Outra proba importante que se atopa na décimo cuarta posición é a  XXXVII Carreira Popular de Negreira que melloraría de maneira moi notoria este ano os seus indicadores.

Na clasificación de Medio Maraton atopamos no posto décimo cuarto (dun total de 31) a IX Media Maratón da Coruña 21 do 26 de febreiro. Neste apartado a proba herculina escalaría nada menos que catro postos este último ano ata poñerse a altura de probas tan consolidadas como o Medio Maratón Las Galletas

Por último cerra este ranking no apartado da Maratón no posto décimo primeiro, a VI Maratón Coruña 42 do 23 de abril que da mesma maneira escalaría tres postos na lista elaborada pola RFEA.

Ranking

Compartir: