Resultados

Concentración do Sector de Velocidade da FGA

A proposta do responsable do sector de velocidade da Federación Galega de Atletismo José Carlos Tuñas, convócase a un total de corenta atletas a tomar parte na Concentración Técnica que acontecerá os vindeiros días 3, 4 e 5 de novembro en Lugo.

A Concentración na que se desenvolverán distintos adestramentos, contará ca presenza do campión e plusmarquista de España dos 400 m.l. Oscar Husillos, así como a de distintos ponentes especialistas que dende o seu campo e actuación, darán un enfoque multidisciplinar da especialidade nas charlas previstas.

Para tomar parte na mesma compre confirmar a presenza ou ausencia antes das 14:00 horas do 28 de outubro.

Confirmación Asistencia

Compartir: