Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Récord de España de Medio Maratón para Esther Pedrosa

Na pasada edición do Media Maratón de Valencia desenvolta o pasado día 22 de outubro, a atleta do Club Universidade de Santiago Esther Pedrosa Carrete da categoría veterán W55 establecería un novo récord de España da súa categoría ó rematar a distancia de 21,097 km cun rexistro oficial de 1.25.51.

Con este récord o palmarés de Esther Pedrosa segue a medrar acadando un novo éxito deportivo ó seu importante currículo.

A maiores e na mesma proba, tomarían parte as atletas galegas Esther Navarrete (187º con 1.17.54) e Raquel Pedrosa (472º con 1.23.16) nunha proba absoluta femenina gañada pola atleta keniata Joyciline Jepkosgei quen cun rexistro de 1.04.51 establecería un novo récord mundial da distancia.

Compartir: