Resultados

Arranca a formación dos futuros adestradores

Deu comezo esta fin de semana a primeira das clases correspondentes ó Curso de Monitor Nacional (Nivel I RFEA) de atletismo que se desenvolverá durante os dias 14 de Outubro ata o 2 de decembro na Delegación de A Coruña.

Esta nova edición, na que están incritos un total de 34 alumnos achegados de todas as delegacións, estará composta por un total de 390 horas repartidas en dous bloques os cales dotarán os alumnos de todas as ferramentas precisas para acadar esa formación ca cal poder desenvolver os seus distintos cometidos atléticos.

Compartir: