Un total de cinco atletas galegos serán os que tomarán parte no Campionato de España de Maratón de Veteranos que se desenvolverá na capital balear de Palma de Mallorca o vindeiro dia 15 de outubro.
Entre os nosos representantes que acudirán a esta cita, destaca a presenza na categoría M45 de Elías Domínguez do Miller Running, Juan Carlos Martínez do Verxel Nutrición e Xosé Manuel Meizoso do Olympo As Pontes. Na categoría M55 tomará parte o atleta José Benito Gómez do A.Veteranos de Ourense.
A única representante feminina que acudirá a este campionato será a betanceira Mónica Granero do Verxel Nutrición quen tomará parte na categoría W35.