95 atletas galegos no top 25 do ranking nacional absoluto de aire libre

Unha vez rematado practicamente ó aire libre, toca facer balance dos resutados e actuacións nos distintos sectores e categorías do noso deporte. A nivel de ranking compre salientar que son nada menos que 95 atletas os que se sitúan nos postos top-25 do ranking nacional entre os que compre salientar esas primeiras posicións (nas probas olímpicas) nos concursos de triple e xavalina de Ana Peleteiro e Lidia Parada.

Os nosos internacionáis Jean Marie Okutu, Solange Pereira, Frank Casañas, Saleta Fernández e Belen Toimil continúan estando nos postos de honra das súas respectivas especialidades, así como o equipo de relevos do 4×400 feminino do RIA Ferrol que se sitúa no terceiro posto do ranking nacional.

A xavalina e as combinadas aportan con seis atletas, o maior número de incluidos na  lista top-25 na que lle siguen o martelo con cinco e a lonxitude, disco, 800 e os 1500 m.  con catro.  Por categorías o porcentaxe de homes acada a paridade cas mulleres xa que nas probas olímpicas son 29 o número de ambos sexos, os que se sitúan nesta lista.

Ligazón