A ribeirense presentábase na final ca décimosegunda marca no triplo salto, 14.07cm obtido o pasado venres na cualificación do Mundial. Sen presión,e cunha enorme ambición de seguir progresando nesta tempada na que voltaba a ser ,Ana Peleteiro, a rapaza que saltou a élite mundial no ano 2012 o proclamarse Campiona do Mundo Junior en Barcelona.
A pupila de Iván Pedroso comenzaría a final cun salto de 13.92cm colocándose en 8ª posición, realizando un segundo salto nulo que a desprazaría o undécimo posto. Seria no terceiro intento cando a triplista lograría pasar a barreira dos 14 metros, deixando a súa huella nos 14.23 cm, mellor marca persoal, e batindo o seu propio Record Galego Absoluto e Record de España Promesa .
Con 14.23cm deixaba os postos de cola para meterse 7ª por diante de Patricia Mamona e pasando así a mellora do Campionato do Mundo, xa no cuarto intento Ana desequilibraríase, facendo un salto nulo e mancándose, dando deste xeito pon por finalizada a súa brilante participación no Mundial,sendo a triplista española mellor calificada nun Campionato do Mundo.
Peche de tempada fabuloso para a de Ribeira, a espera de realizar probas médicas para determinar o alcance da lesión, esperando que sexa de pouca gravedade.
Parabens Ana!!