Resultados

Soledad Castro da nome ó Pavillón Municipal de Mos

No dia de onte a Corporación Municipal de Mos acordaría por unanimidade rebautizar co nome de Soledad Castro o seu Pavillón Municipal como xesto de recoñocemento a esta multilaureada internacionalmente atleta que dende o ano 1992 compite cas cores do Comesaña Sporting Club.

A discípula de Oliva Román amosa un dos máis dilatados palmarés atléticos internacionáis do noso deporte entre os que salientamos (nas últimas 12 tempadas) as vinte e dúas medallas gañadas entre Campionatos de Europa e Campionatos do mundo nas modalidades de aire libre, montaña, ruta e cross que fan desta deportista non só un referente senón que tamén toda unha embaixadora do noso deporte.

Foto: Diario Atlántico