O CGTD de Pontevedra foi esciario este pasado fin de semana dunha nova edición correspondente o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.
Por idades os trunfos quedarían na categoría cadete da seguinte maneira: primeiras posicións para Raul Cortizo da Gimnástica con 3884 p. e Carmen Victoria González do Franciscanos de Lugo con 3178 p.
Na categoría xuvenil: Eva Queimaño do A.F. Celta con 4385 puntos e Pablo Tobal da Gimnástica con 4294 p. Na categoria Junior campionato autonómico para Abraham Rodríguez do Ourense Atletismo con 5330 p.
Para rematar na proba de Decathlon proclamaríase campiona galega Alicia Merino do Lucus Caixa Rural con 4672 correspondendo o subcampionato para Andrea González da Gimnástica con 3695 p. O terceiro lugar sería para Paula Martin da Gimnástica con 3660 p. Xa na categoría masculina, novo título galego para Santiago Ferrer da Gimnástica con 6335 p. sendo segundo Dario Costas da mesma entidade con 6223 p. ocupando o terciero escalón do podium con 6127 p. Adolfo Sainz Maza do Celta