Excelente balance galego no Campionato Nacional de 10 k. Ruta

Santander acollería esta fin de semana o IX Campionato de España de 10 km. en ruta Absoluto e veteranos ó que acudirían unha nutrida representación galega.

A nivel de resultados o máis salientable sería o subcampionato nacional absoluto por equipos colleitado polo ADAS-Proinor grazas as actuacións das súas compoñentes Esther Navarrete 4ª; Leticia Fernández 16ª, Sandra Mosquera 17ª, e Iria Fernández 20ª.

Ademáis dos resultados absolutos excelentes rexistros tamén para os nosos veteranos que traerían de volta un total cinco metáis. Xosé Lois Otero Cepeda do CDU na categoría M-65 volvería a subir o máis alto dun podium nacional con 38.07. Soledad Castro do Comesaña na F-50 con 40.56 sería prata. Por último, bronces para María Teresa Castro do C.A. Noia na W-45 con 39.44 ; José Manuel Fernández do ADAS-Proinor na M-45 con 32.52 e para Mari Carmen Novo do LUCUS Caixa Rural Galega na F-60 con 51.41

Duas novas mellores marcas galegas as conseguidas por Xose Lois Otero na categoria M65 con 38.07 e Yolanda Gutierrez na W35 con 35.58

Ligazón

Compartir: