Resultados

Irene Gómez, suma e segue cun novo Récord Galego Cadete e Xuvenil de martelo

De novo ,e xa van cinco ocasións, a atleta do AVA Irene Gómez ben de establecer un novo récord galego cadete e xuvenil na proba de martelo ó lanzar no seu quinto intento ata os 52.13m. (51.50/X/51.74/X/52.13/44.48) millorando en catro centímetros o récord que ela mesma tiña dende o pasado dia un de abril. Este rexistro efectuaríase no desenvolvemento da III Xornada do Circuito de Atletismo en Pista que se densenvolvería no dia de onte en Pontevedra.

Con este novo recórd a discípula de Hermida continúa a súa impresionante progresión que a levaría esta tempada a pasar dende os 50.19 m. do 11 de febreiro ata os actuáis 52.13 m. e cuio rexistro a poñen ó fronte do ranking nacional con dous centímetros máis sobre a catalana María Navarro.

Lembramos que a actual plusmarquista española absoluta Berta Castells, posúe o récord de España Cadate con 60.24 m. efectuados no ano 1999

Ligazón

Compartir: