Solange Pereira, Miguel González e Adrián Ben, seleccioados para o Mundial de Cross

O director técnico da RFEA, Ramón Cid, acaba de facer pública a relación dos 24 atletas que representarán a España no vindeiro Campionato do Mundo de Campo a Través que se desenvolverá na capital ugandesa de Kampala o vindeiro dia 26 de Marzo.

Nesta lista cóntase ca presenza no equipo junior dos lucenses Miguel González (Lucus Caixa Rural Galega) e Adrián Ben (F.C.Barcelona) que tan magnífica tempada están a desenvolver e que os levaría ó máis alto do podium no nacional de campo a través desta pasada fin de semana en Gijón.

Como novidade neste Mundial, introducirase a carreira mixta de relevos consistente nunha proba de 8 km. que completan catro relevistas (dous homes e dúas mulleres) e na que tamén imos contar con presencia galega xa que a canguesa Solange Pereira (Valencia Esports) tomará parte nesta modalidade, o que reprsenta unha merecida e xusta recompensa á tempada invernal que está a desenvolver.

Ligazón

Compartir: