Ana Peleteiro sensacioal en Belgrado con 14.20 m.

Durante o trancurso do Campionato de Europa de Pista cuberta que se está a desenvolver durante esta fin de semana en Belgrado e que daría comezo hoxe, a nosa representante na proba de triple Ana Peleteiro acadaría no seu terceiro intento (X/13.90/14.20) un millor salto de 14.20 m. o que representa unha millor marca persoal (anterior 14.17 m. dos mundiais junior de 2012 en Barcelona) e un novo récord de España sub-23. Da mesma maneira o seu rexistro representa a segunda millor marca española de tódolos tempos que acredita Carlota Castrejano con 14.64 desde 2007.

Con este sensacioal rexistro, a de barbanza acada a terceira posición na clasificación encabezada pola xermanas Elbe con 14.27 e Gierisch con 14.26 m. deixando serias posibilidades dun tan desexado como real podium. A final será as 17.50 horas do serán de mañán sábado.